in ,

A AELG convoca o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024, Galiza + Portugal

O festival vai celebrarse no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o domingo 27 de outubro, e a recepción dos proxectos péchase o venres 11 de outubro.

'Non é unha canción' da Cía. Souvenir. I Premio do V Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2022: Galiza + Portugal, organizado pola AELG. Imaxe da estrea no Teatro Rosalía de Castro. Foto: Afonso Becerra
'Non é unha canción' da Cía. Souvenir. I Premio do V Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2022: Galiza + Portugal, organizado pola AELG. Imaxe da estrea no Teatro Rosalía de Castro. Foto: Afonso Becerra

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a través da súa Sección de Literatura Dramática, convoca o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal.

O festival vai celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o domingo 27 de outubro, e a recepción dos proxectos péchase o venres 11 de outubro.

Convocatoria aberta a 7 proxectos de artes escénicas que utilicen textos en galego ou portugués, individuais ou colectivos, para un espectáculo en calquera das modalidades e xéneros das artes escénicas. Debe tratarse dunha peza ou proposta escénica que estea en proceso de creación/realización.

Un comité de selección, formado por Afonso Becerra, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro (TRC) da Coruña e Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português en Vigo (Camões–CCP en Vigo), baseándose en criterios artísticos, escollerá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para ser (re)presentadas no VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal.

Unha vez (re)presentadas, as equipas de cada proxecto deberán emitir un voto secreto pola proposta que consideren mellor, excluíndo na papeleta de votación a súa propia. Estes votos e os do comité organizador, máis o do convidado de honra, Roberto Pascual, ex-director da MIT de Ribadavia, concederán o III PREMIO VII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2024, que consistirá na estrea da peza.

O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos, máis un tempo complementario para unha breve análise, debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima 15 minutos.

Condicións:

– Asígnase un orzamento total de 350 euros para cada proxecto seleccionado desde Galiza e 450 euros para cada proxecto seleccionado desde Portugal, onde se entenden incluídos todos os custos (desprazamentos, etc.).

– Prazo para a presentación de propostas: 11 de outubro de 2024.


Publicidade

– A selección dos proxectos será realizada por parte da organización (Afonso Becerra de Becerreá, vogal da Sección de Literatura Dramática da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña; e Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo (Camões–CCP em Vigo),) en función de:

– Descrición e formulación do proxecto.

– Breve mostra da peza.

– Currículum das/os dramaturgas/os.

Estes materiais deberán ser enviados en formato dixital, antes das 24 h. do 11 de outubro de 2024, a: [email protected]

– As/os creadoras/es seleccionados para (re)presentar os seus proxectos escénicos deben comprometerse a estar presentes durante toda a xornada que dura o Festival e participar nos debates dos proxectos (re)presentados polas/os súas/seus colegas, de tal xeito que poidan, ao final da xornada, emitir o voto correspondente para o III Premio VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal.

III PREMIO VII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2024

Ademais do orzamento asignado a cada proposta para a súa (re)presentación no VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal, un comité, formado polo Vogal de Literatura Dramática da AELG, Afonso Becerra, o director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Xosé Paulo Rodríguez, Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo (Camões–CCP em Vigo), e o convidado de honra, Roberto Pascual, ex-director da MIT de Ribadavia, e contando cos votos das/os creadoras/es participantes, seleccionará unha das propostas para ofrecerlle a posibilidade de ser estreada. O xurado tamén podería decidir deixar o premio deserto se os proxectos (re)presentados non reunisen as características e condicións necesarias.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Territórios de Liberdade

O CDG estrea 5 novas coproducións

Presentación da I Mostra de Teatro no Mosteiro

A Mostra de Teatro no Mosteiro inaugura a súa primeira edición