in ,

O Teatro Municipal Sá de Miranda acolle a I Conferência Internacional CAPACITEATRO

Hoxe, en Viana do Castelo

Oradores da conferencia Capaciteatro
Imaxe das persoas que van intervir na I Conferência Internacional CAPACITEATRO. Fonte: Teatro do Noroeste -CDV.

Organizada polo Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, co apoio da Câmara Municipal de Viana do Castelo, o Teatro Municipal Sá de Miranda acolle hoxe, 20 de xullo, a I Conferência Internacional CAPACITEATRO.  Será entre as 14.00 e as 17:00 horas (portuguesas) e a actividade realízase no ámbito do proxecto INTEGRA’ATIVA’MENTE, promovido pola CIM Alto Minho e cofinanciado pola Unión Europea no eido do Programa Rexional do Norte / Portugal 2030.

Integrada no proxecto CAPACITEATRO, a actividade pretende crear un espazo de encontro entre artistas, investigadores, programadores, estruturas culturais e axentes educativos, sociais e autárquicos, partindo dunha cuestión central: “de que modo poden o teatro e as artes performativas contribuír a unha maior equidade social?”.

A conferencia reúne catro persoas convidadas de recoñecida relevancia internacional nese campo: Selina Busby, investigadora e docente da Royal School of Speech and Speech de Londres;  Hugo Cruz, investigador, docente e programador cultural; Fran Núñez, actor, director de escena, investigador e director do Centro Dramático Galego; e Graeme Pulleyn, artista británico radicado em Portugal, con máis de tres décadas de experiencia en artes participativas, comunitarias e site-specific.

A conferencia contará con tradución simultánea portugués-inglés, inglés-portugués, e Lingua Xestual Portuguesa. A entrada é libre, mediante inscrición a través do enderezo de correo electrónico geral@tmsm.pt

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto: Javier Naval

EL REY DE LA FARÁNDULA

Le Sommet. Foto: Mathias Horn

LE SOMMET