A Regadeira de Adela comeza a tempada de outono de microteatro

A Regadeira de Adela comeza a tempada de outono de microteatro en Compostela. Este xénero que ven collendo auxe, e cuxo principal expoñente na bisbarra é o local compostelán, ofrecerá este ano once pezas.

O local foi ademais renovado. Os xestores pintárono buscando un espazo mais minimalista “que permita a creación nun sentido máis amplo. Un espazo máis neutro, que permite que o artista transforme o espazo concretamente para a súa peza: os nosos cuartos adáptanse á historia, á creación”.

A Regadeira de Adela nace en 2012 coa intención de contribuír a seguir construíndo o tecido cultural da cidade. Un lugar aberto aos artistas de Santiago e de toda Galicia e dirixido a espectadores curiosos e amantes das experiencias diferentes.

 

O programa para este outono é o seguinte:

9 e 10 de novembro

Muller Raíz: Natura que cura
Noemí Pájaro Luna: Teatro máxico
Lucía Cebreiro e Nuria Vil: Baixa Poesía

16 e 17 de novembro

Noelia Toledano: Alicia morreu de sobredose
Josi Lage: Barbárie en branco e negro
Vuelta de Tuerka: 36m/ 18 noviembre

23 e 24 de novembro

Teatro en Trance / Paula Sanmartín: Desvío

30 de novembro / 1 de decembro

Aula de Teatro do Concello de Teo: Hotel Ramallosa (Teatro en toda a casa).

14 e 15 de decembro

Cavort Teatro: Güeitin for CV
Sen Cancelas Teatro: 2010
Nuria Vil e Charles Rapante: Palabra falada, música experimental e Super8

Deixar unha resposta