PUBLICIDADE

O Festival Galicreques resulta seleccionado entre os proxectos que se beneficiarán das axudas para o Programa Iberescena 2017-2018

 

O Consello Intergobernamental do Programa Iberescena (CII), reunido no Concello de San Salvador (El Salvador) do 28 de novembro ao 1 de decembro de 2017, designou a concesión de axudas económicas nas distintas liñas de participación establecidas polo Programa. Na presente convocatoria, ascendeu a un total de 1.066.065 euros. Estas axudas foron distribuídas entre os catorce países que forman parte do Fondo Iberoamericano de Axuda Escénica e que fixeron a súa contribución financeira para o presente exercicio, aínda que se está a transferencia definitiva de dous dos países membros do Programa.

Outorgáronse 102 axudas do seguinte xeito: 33 á coproducción de espectáculos iberoamericanos de teatro e danza (363.600 euros); 14 aos Centros Iberoamericanos de Creación Escénica en Residencia (83.500 euros) e 55 a festivais e lugares escénicos para a programación de espectáculos (618.965 euros). Neste último capítulo encádrase a axuda que recibe Galicreques.

O Festival Galicreques –que no 2018 celebrará a súa vixésimo terceira edición– está organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde. Trátase dun dos festivais máis lonxevos de Galicia que se converteu nunha referencia fundamental para o teatro de monicreques, contribuíndo á súa promoción e dignificación entre o público adulto e o escolar. Nos últimos anos, o festival xerou varias extensións que ampliaron o seu raio de influencia a cidades como Vigo e A Coruña.

Galicreques, que dedica un espazo destacado da súa programación aos grupos galegos de teatro de monicreques, leva desenvolvido, no ámbito internacional, un importante labor de proxección en América Latina, propiciando o intercambio e dando a coñecer múltiplas compañías daquela rexión en Galicia, ademais de contribuír a difundir o traballo de compañías de Portugal e do resto da península.

Ademais, o festival concede cada ano un premio a unha entidade, persoa ou empresa polo seu traballo no mundo dos títeres a través de proxectos que contribúen a consolidar esta arte teatral. Nos últimos anos recibiron este galardón a compañía granadina Etcétera, o TOPIC (Centro Internacional del Títere de Tolosa) ou a compañía Viravolta e o seu Museo Galego da Marioneta.

En anos anteriores, outros proxectos escénicos galegos que contaron co apoio de Iberescena foron Salvador de Borja Fernández, o Soño dunha noite de verán de Voadora ou Street Art Symphony de Fernando Epelde.

 

Foto: Marina Mahmood | Unha escena de O dia em que a morte sambou / A señora Rosa e a morte, da compañía brasileira Valeria Rey Soto & Habib Zahra, na edición de 2017.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Relacionado

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos