in

Convocados os XXII Premios de Teatro María Casares

XerrasMaríaCasares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia inclúe modificacións nas bases co obxectivo de velar que as compañías participantes nos galardóns cumpran o Convenio de Actores e Actrices de Teatro de Galicia.
| Fotografía: Olalla Lojo / AAAG |

 

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca os XXI Premios de Teatro , cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro mércores 21 de marzo no da Coruña. Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017 e o prazo de inscrición iníciase este xoves 21 de decembro e pecha o 8 de xaneiro ás 15.00 horas. Ademais, a Xunta Directiva da AAAG inclúe nesta edición modificacións nas bases dos premios co obxectivo de velar que todas as compañías participantes nos María Casares cumpran co I Convenio de Actores e Actrices de Teatro de Galicia, que rexe as relacións laborais entre intérpretes e as empresas en vigor dende 2009. As bases completas dos galardóns pódense consultar na web da AAAG.

O proceso tanto de inscrición como de votación realizarase integramente a través da rede, a través da páxina web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. A ferramenta de inscrición pódese atopar nesta ligazón, dentro da sección específica para os Premios de Teatro María Casares, que contén unha ampla base de datos dos espectáculos presentados ao longo das anteriores edicións e que irá incorporando as producións que se presenten a este galardón. No formulario, as compañías han de incorporar un programa, cartel e fotografías do espectáculo, ademais de indicar os seus candidatos nas diferentes categorías.

PUBLICIDADE

Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección, adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación, escenografía, maquillaxe e vestiario. Durante a gala, entregarase o Premio de Honra Marisa Soto e darase a coñecer o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    galiñazul2

    Caramuxo Teatro e Títeres Tanxarina estarán en FETEN 2018

    MG 6353

    AGADIC abre a convocatoria de axudas a salas privadas