in

Comeza o XIII Festival de Marionetas María José Jove

contacreques |

O XIII Festival de Marionetas María José Jove reune na Coruña algunhas das compañías de títeres máis importantes do Estado. Na súa edición número trece, o certame inclúe oito espectáculos.

Durante cinco días (do 26 ao 30 de decembro), as familias contarán cunha serie de espectáculos de gran diversidade técnica e temática. Haberá dúas sesións teatrais os días 26, 27 e 28, que se celebrarán na sede da Fundación María José Jove ás 17:00 e no Foro Metropolitano ás 19:00. Os días 29 e 30 haberá unha única sesión no Foro.

Este é o programa completo:

Publicidade

Martes 26 de decembro:

Baila Roque, baila, de Baobab Teatro – Fundación Mª José Jove ás 17:00 h – Público: +2 anos

A galiña azul, de Tanxarina – Forum Metropolitano ás 19:00 h – Público: +3 anos

Mércores 27 de decembro:

Cincenta, de Danthea Teatro – Fundación Mª José Jove ás 17:00 h – Público: +3 anos

Contacreques, de Eme2 – Fórum Metropolitano ás 19:00 h – Público: +3 anos

Xoves 28 de decembro:

A Maleta de Don Attilio, de Viravolta Títeres – Fundación Mª José Jove ás 17:00 h – Público: +3 anos

Os golfiños e o xigante, de Fantoches Baj – Fórum Metropolitano ás 19:00 h – Público: +4 anos

Publicidade

Venres 29 de decembro:

Rúa Aire,de O retrete de Dorian Grey – Fórum Metropolitano ás 19:00 h – Público: +4 anos

Sábado 30 de decembro:

Los tres cerditos, de App Creacións – Fórum Metropolitano ás 19:00 h – Público: +3 anos

 

| Foto: Contacreques, de Eme2 |

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

micro03 |

Escoitar para ter algo que dicir, por Paula Carballeira

stage |

Agadic abre a convocatoria de axudas á produción