Actualidade

PUBLICIDADE

Un total de 32 espectáculos e máis de 400 profesionais concorren aos XXII Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación en 1997. O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o pasado 8 de xaneiro rexistrando unha gran participación Estas montaxes postúlanse nas catorce categorías que se dividen os premios: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

Tras esta primeira fase de inscrición, a AAAG inicia a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese xeito, ademais do colectivo de membros da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e as personas nomeadas en edicións anteriores. Esta primeira rolda de votacións rematará o 12 febreiro. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a finais do mes de febreiro na tradicional Festa dos/as Nomeados/as dos María Casares, que se celebrará en Santiago o vindeiro 21 de febreiro.

Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro, así como a gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección, adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación, escenografía,  maquillaxe e vestiario. Durante a gala, entregarase o Premio de Honra Marisa Soto e darase a coñecer o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Este ano, a gala de entrega dos galardóns celebrarse o mércores 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

A relación de espectáculos que optan aos premios é a seguinte:

  • 6 cubos negros en corpo branco, de Aporía Escénica
  • A cabeza do dragón, de Producións Teatráis Excéntricas
  • A canción do elefante, de Redrum Teatro
  • A galiña azul, de Tanxarina
  • A noiva de don Quixote, de Eme2 producións
  • Agora en serio, de Osdous Ardebullo
  • AguraTrat, de Pérez&Fernández
  • Animais de Compañía, de Teatro do Noroeste
  • Castrapo, de Os náufragos
  • Chuvia, de Anómico Teatro
  • Cranios Privilexiados ou a crítica da razón perralleira, de Mofa e Befa
  • Desconexión, de Xurxo Cortázar
  • Ela, de Caramuxo Teatro
  • Elisa e Marcela, de A Panadaría
  • Estado de graza, de Teatro do Noroeste
  • Fillos do Sol, de Contraproducións
  • House (desaforado), de Teatro do Morcego
  • Judy Garland (alén do Arco da Vella), de aAntena
  • Martes de Carnaval, do Centro Dramático Galego
  • Memorias dun Ser Humano Disperso (versión 7.0), de Producións Dispersas
  • Muiñada, de Galeatro
  • Na butaca. Fantasía n3 en Dor Maior, de ButacaZero
  • Nacidas libres, de Contraproducións
  • O Rei morre, de Sarabela Teatro
  • Os límites do frío, de CoTeatro
  • Outono, de PistaCatro
  • Pum pum!, de Baobab Teatro
  • Resaca, de ilMaquinario
  • Salvador, de Cía. Borja Fernández
  • Soño dunha noite verán, de Voadora
  • Tropical, de Elefante Elegante
  • Ubú Rei, de Talía Teatro

 

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos