Mañá, sábado 3 de febreiro, ás 20:00, Dinamo producións estreará no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, Eu queríame casare, unha comedia de Jose Prieto dirixida por Marita Martínez Arcay e protagonizada por Pedro Brandariz e Lucía Veiga.
Eu queríame casare é a historia televisada de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis… menos… unha relación á que poder agarrarse como cravo ardendo antes de pase o tren, pase o arroz e pase… o que teña que pasar.
Coñécense nun destes programas televisivos de “cita a cegas”, a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predecibles e pode acabar pasando calquera cousa. Poñanse no peor.
Unha comedia total que conectará con guiños ó público máis novo e ó máis maduro e que permitirá que moitas parellas falen do seu e amañen as súas diferenzas… ou todo o contrario
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



