in

A Academia Galega de Teatro preséntase ao público o 27 de marzo

academia1 |

O próximo día 27 de marzo, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, presentarase en Compostela a Academia Galega de Teatro, nun acto que terá lugar ás 12:00 no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi.

A Academia Galega de Teatro constituíuse o pasado 21 de outubro en Rianxo, froito da inquietude dun grupo de 17 mulleres e homes cunha longa traxectoria profesional nas artes escénicas que viron necesario que existise un foro de “debate, reflexión e intercambio” e que se puxese en valor o patrimonio teatral galego. Segundo Imma António, a presidenta da nova entidade, o proxecto pretende servir de punto de encontro dos profesionais das táboas e dos diferentes colectivos implicados neste sector. A creación dunha Academia do Teatro enmárcase así nunha estratexia de normalización institucional. 

O grupo fundacional da Academia está formado por Eduardo Alonso, Rosa Álvarez, Antonio Simón, Damián Villalaín, María Barcala, Ernesto Chao, Anxela G. Abalo, Manuel Areoso, Luma Gómez, Manuel Guede, Xulio Lago, Francisco Oti, Gustavo Pernas, Miguel Pernas, Xosé Manuel Rabón, Manuel Vieites e a propia Imma António, aínda que dende o momento da creación uníronse outras persoas cuxos nomes se farán públicos neste acto de presentación.

Entre os obxectivos inmediatos da Academia está a organización dun Congreso do Teatro Galego que analice a situación actual do sector, presente un diágnóstico do seu estado e propoña vías de futuro para os próximos anos.


Publicidade

 

Ligazón: Entrevista con Imma António sobre a constitución da AGT

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Folga feminista |

A AAAG apoia a folga do 8-M

talia teatro ubu rei |

Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios María Casares