in

O Grupo de Teatro Sénior Afundación presenta a obra ‘Vellos namorados’

vellos namorados4

O Grupo de Teatro Sénior Afundación presenta a obra Vellos namorados, unha adaptación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, realizada polo director do grupo, Víctor Díaz Barús.

Esta farsa en tres actos e epílogo satiriza sobre o amor e a morte de tres vellos imprudentes. Tres amores serodios, tres vellos que namoran de tres mozas e como estas se aproveitan deles nun xogo de comedia. A peza mostra o medo á soidade humana mais tamén a necesidade de amar e ser amado.

O Grupo de Teatro Sénior Afundación formouse no ano 1984. Na actualidade está integrado por 21 actores e actrices de idades comprendidas entre os 60 e os 90 anos. Algúns dos seus compoñentes participaron en varias series de televisión (Mareas Vivas, Libro de familia, Serramoura… ), longametraxes (O lapis do carpinteiro) e anuncios publicitarios. O grupo ten recibido numerosos premios en certames de teatro afeccionado, tanto no ámbito galego coma no nacional.

PUBLICIDADE

As entradas teñen un prezo de 5€. A recadación será para Amigos dos Maiores, organización de voluntariado que ten por obxectivo paliar a soidade, o aislamento e as carencias afectivas das personas maiores de Vigo que viven soas a través de diferentes programas de acompañamento afectivo.

Teatro García Barbón (Afundación) de Vigo, martes 17 de abril ás 20:00.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    MartaPazos

    Marta Pazos dirixirá a ópera ‘Je suis narcissiste’ no Teatro Real de Madrid

    MostraTUniversitarioGz

    XIX Mostra de Teatro Universitario de Galicia