Actualidade

Lugo remata esta fin de semana a VII Edición da Semana da Danza

PUBLICIDADE

A VII Semana da Danza de Lugo remata con diferentes mostras e espectáculos nas que se inclúen representacións na rúa e actuacións de diferentes escolas da cidade e galegas.

  • Venres, 27 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire: presentación dos traballos coreográficos sobre María de Ávila, creados polo alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.
  • Sábado, 28 de abril, ás 12:45 horas na Praza de Santa María: interpretación da Nelkenline de Pina Bauch, a cargo das escolas de danza de Galicia, (no caso de que chova realizarase no Vello Cárcere ás 12:00 horas). Ás 13:00 horas na Praza de Santa María representación de Mulïer da compañía valenciana Maduixa Teatre (no caso de que chova a actuación trasladarase ao Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 13.15 horas). E ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. acto colectivo da conmemoración do Día Internacional da Danza coa participación de diversos centros de ensinanza de danza clásica e contemporánea de Galicia.
  • Domingo, 29 de abril, ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire: actuación das distintas escolas de danza da cidade de Lugo, Espazo artístico 10, Gravitty, Mercedes Castro, Star Dance, Teresa Neri e Victoria Gil.

Actuacións na rúa:

  • Venres, 27 de abril, ás 17:00 horas, na Praza Anxo Fernández Gómez: Escola de Danza Star Dance e no Centro de día para maiores Alalás, Espazo Artístico 10 bailes tradicionais e ás 19:00 horas, no Fondo da Praza Maior, Victoria Gil Danza & Escena.
  • Sábado, 28 de abril, ás 17:00 horas, no fondo da Praza Maior: Escola de Danza, Gimnasia e Espectáculos Gravitty.

 

Mulïer – MaduixaTeatre

Nesta edición, a Semana da Danza acolle á compañía valenciana Maduixa Teatre coa peza Mulïer, un espectáculo en zancos, interpretado por cinco bailarinas a prol das mulleres que pretende investigar os límites físicos da danza, o equilibrio, as emocións e a poesía. O espectáculo xorde da necesidade de explorar a identidade feminina a través do xogo corporal, facendo fincapé na imaxe, a poética visual e a narración para chegar á sensibilidade do espectador. Este espectáculo é unha homenaxe a todas as mulleres que durante séculos loitaron para manter vivo o seu eu salvaxe.

A Compañía Maduixa Teatre naceu no ano 2004 e logrou consolidarse no sector profesional da danza a través da creación de espectáculos singulares, un traballo rigoroso e unha delicada investigación, corporal e artística, no proceso das súas montaxes. Así mesmo realizaron unha extensa xira por máis de 20 países de Europa, Asia, Norte América e Centro América, recibindo unha vintena de premios.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!