Actualidade

‘Carpe diem’: ensaio aberto de Producións Teatrais Excéntricas en Compostela

PUBLICIDADE

Este xoves 31 de maio, na Sala Agustín Magán de Compostela, ás 18:00, a compañía Producións Teatrais Excéntricas presentará un ensaio aberto do espectáculo que está a preparar, Carpe diem, seguido dun coloquio co público.

Inspirada na sesión que a compañía xa fixo con motivo da residencia d’A Cabeza do Dragón, os seus compoñentes farán un ensaio aberto con demostración didáctica de todos os estratos do acto teatral, dende a intención previa até a execución harmónica das distintas linguaxes que conflúen no teatro: a luz, a música , o vestiario, o espazo, a marcación escénica e o uso lúdico do espazo por actrices e actores.

Todas estas linguaxes presentaranse deconstruídas e posteriormente unidas nun divertido e instrutivo puzzle. Tratase dun xogo co público, seguido dunha conversa, que lonxe de destripar o xoguete teatral, aumenta o seu interese como espello público e instrumento de reflexión.

Nesta ocasión , aparte das linguaxes xa citadas traballarán algúns casos singulares, como a versión do texto desde unha variante tan próxima á nosa lingua como é o portugués do Brasil. Outra singularidade é o uso da música en directo, sobranceando a súa función ambiental, para facer dela un factor narrativo e, finalmente , a relación do teatro co cinema e a influencia deste na nosa biografía sentimental. Non é pouco. A sesión contará coa presenza, para alén do elenco, de todas as persoas creativas que contribúen ao proxecto.

Producions Teatráis Excéntricas é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de productos de entretemento e outros obxectos culturais. Serve como plataforma de produción a marcas como Mofa e Befa, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!