O espectáculo Rojo, que se representa hoxe na Quintana, será a primeiras das cinco citas compostelás desta iniciativa, organizada pola Agadic e Turismo de Galicia en colaboración co Concello de Santiago e outros 102 municipios das rutas xacobeas

 

A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño, promovido pola Xunta en colaboración con 103 concellos das rutas xacobeas, chega este mércores 1 de agosto a Santiago co espectáculo de teatro infantil Rojo, de Pistacatro, ás 19,30 h. na praza da Quintana.

En Compostela, a oferta de Cultura no Camiño concéntrase no mes de agosto, durante o que se levarán a cabo cinco actuacións de teatro para público familiar, novo circo e danza. Tras a posta en escena desta semana, o martes 14 será a quenda de Cía Catropés con Animacreques, un espectáculo teatral de rúa que percorrerá desde as 13,00 h. a zona monumental cos seus monicreques e zancudos.

O mércores 22 Pistacatro regresará á Quintana, desta volta coa montaxe de novo circo Espera, na que convida o público a vivir de preto as súas acrobacias. Os artistas da compañía Desincronacidas estarán no mesmo lugar o mércores 29 con Oh! Limpiadas para achegarlles aos espectadores o seu particular mundo circense rexido polo absurdo.

A praza da Quintana tamén acollerá a peza de danza Give it a Spìn, coa que Pisando Ovos pechará o venres 31 a carteleira desta sexta edición do ciclo da Xunta en Santiago. Como todas as actuacións do programa neste espazo, a función terá lugar ás 19,30 h.

Cultura no Camiño 2018 arrancou a mediados do pasado mes de abril e prolongarase ata o 30 de setembro co obxectivo de contribuír a enriquecer o programa cultural dos concellos participantes, situados todos eles nalgunha das rutas de peregrinación polas que discorre o Camiño de Santiago en Galicia.

 

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos