Actualidade

Carlos Blanco recibiu o Premio Rebulir da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas.

PUBLICIDADE

Carlos Blanco vén de recibir o Premio Rebulir da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas. O xurado, reunido onte, decidiu por unanimidade outorgar o galardón ao actor de Vilagarcía.

Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás. Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este premio é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.

Ademais de Carlos Blanco, Guadi Galego recibiu o Premio na categoría de Música Galega e a Romaría Etnográfica Raigame, o Premio Homenaxe.

A entrega dos premios faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir). Na presente edición esta celebración terá lugar o Sábado 16 de Decembro no Polideportivo de O Picouto (Ramirás).

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Relacionado

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos