O Certame de Creación de Dúos e Solos SÓLODOS EN DANZA 2018 mantén aberto o prazo para a presentación de propostas até o 12 de outubro. O Festival Internacional de Danza Contemporánea e o Certame terán lugar do 22 ao 24 de novembro de 2018 no Auditorio Municipal de Ourense.

Poden participar na convocatoria todas aquelas coreografías de danza contemporánea (dúos e solos) de creadores iberoamericanos, residentes en Europa maiores de 18 anos. As pezas deberán estar interpretadas por un ou dous artistas, sendo indispensable que o creador/a sexa tamén intérprete da obra. A duración da peza presentada será de entre 8 e 10 minutos, tendo que ser a peza que se envíe na gravación para a preselección, a mesma que se presentará no día do concurso. As pezas deben ser flexibles para ser bailadas na rúa ou en teatro, independentemente, xa que a xira en Costa Rica se realiza en espazos non convencionais como parques, prazas, rúas ou colexios.

Un mesmo creador pode presentar varias obras a concurso, aínda que só unha poderá ser preseleccionada. Un equipo de profesionais realizará unha preselección por vídeo de até 5 creacións que se presentarán en Sólodos en Danza/Ourense 2018. Os finalistas comprométense a participar en todas as actividades do Festival os días 22, 23 e 24 de novembro.

Entre a documentación requirida, é preciso remitir a solodosendanza@gmail.com: un vídeo da coreografía mediante un link co título da peza e autoría, unha carta de interese para participar do proxecto, título da peza / nome do creador, un pequeno texto sobre o traballo presentado (máximo 5 liñas), un link ao vídeo que se poida publicar, a nacionalidade e a idade do creador xunto cun contacto (electrónico e telefónico), a nacionalidade e a idade dos intérpretes e o contacto, o  cv do creador e dos intérpretes (máximo dunha folla por artista).

O venres 19 de outubro de 2018 publicarase no muro da páxina de Facebook de Sólodosendaza, as obras seleccionadas.

 

Sólodos en danza

Sólodos en danza é un proxecto de Cooperación Cultural, un proxecto de ámbito artístico –social que xenera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Sólodos utiliza diferentes estratexias de colaboración para construír unha ponte cultural entre artistas de América e Europa.

Sólodos  en Danza é un espazo de colaboración e intercambio entre institucións públicas, privadas, festivais, organizacións sociais, culturais e artistas. A plataforma ofrece bolsas, residencias artísticas, intercambios técnicos profesionais, coaching con académicos especializados en artes escénicas, entre outros.

 

Premio Sólodos en danza / Ourense / 2019 con xira a Costa Rica

Os obxectivos deste premio son facilitar a mobilidade de creadores novos, propiciar o encontro entre profesionais escénicos iberoamericanos, crear un espazo para o intercambio de ideas e proxectos nun contexto único como o é Sólodos en Danza /Costa Rica /2019.

Sólodos en Danza premiará unha obra e ao seu creador-intérprete ou creadores-intérpretes, con unha xira por diferentes comunidades costarricenses. Ademais, o equipo da peza gañadora realizará coloquios, obradoiros, participará en actividades socioculturais durante a xira. Tamén se desenvolverá unha residencia artística en conxunto con outros colegas iberoamericanos no espazo de Creación e Investigación Sólodos Costa Rica, a obra premiada formará parte da gala de danza iberoamericana que viaxará por todo o país.

O Premio consiste nunha viaxe a Costa Rica (con saída de Madrid en datas comprendidas entre o 23 de febreiro e o 19 de marzo de 2019, xira por diferentes rexións de Costa Rica, en espazos non convencionais, a participación na VII Edición de Sólodos en danza /Costa Rica/2019, workshops internacionais, coaching e residencia artística con profesionais e académicos especializados en artes escénicas.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Relacionado

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos