in

Volven os ‘Microefectos Dramatúrxicos’ ao Clavicémbalo de Lugo

Microefectos |

Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo, hoxe xoves e mañá venres, en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse catro pezas novas, escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo.

O grupo pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Este ano o colectivo celebra o seu quinto aniversario. O proxecto comezou en maio de 2013 na Sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano se trasladou ao Clube Clavicémbalo. Ao longo de todo este tempo se puxeron en escena máis de 150 micropezas de producción propia.


Publicidade

As pezas que se representarán estes días son:

  • E. Múltiple Escribe e dirixe Conchi Madrina. Interpretan: Conchi Madrina, María Grandío e María Villar.
  • Bosnia é nome de muller Escribe Rubén Pérez. Dirixe: Microefectos Dramatúrxicos. Interpretan: Anxo Manoel, Isa Herrero, Brian Rodríguez e Conchi Madrina.
  • Odisea 3 Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Anxo Manoel, Brian Rodríguez e María Grandío.
  • ITV (In) necesarios Tormentos da Vida Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel e Conchi Madrina.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RioBravo031 |

O Río Bravo de Chévere, Premio do Público en Cariño

PinkUnicornsLaMacana |

A compañía La Macana estrea en Alemaña a súa nova montaxe