Actualidade

O Río Bravo de Chévere, Premio do Público en Cariño

PUBLICIDADE

Case trinta anos despois da súa estrea Río Bravo, de Chévere, segue a colleitar éxitos. A Mostra de Teatro Galego de Cariño, que celebrou este ano a súa cuadraséxima edición, vén de facer público que a súa última encarnación, Rio Bravo 3.1, foi a gañadora do Premio do Público da Mostra.

Rio Bravo estreouse en 1990 no Teatro Principal de Compostela. Foi o cuarto espectáculo de Chévere. Unha condensación magnífica dese espírito rebelde e desa actitude gamberra e irreverente coas que a compañía se presentara en sociedade con pezas como Servizo Discrecional (1987), O Mal Non Acouga (1988) e Salomé (1989). Río Bravo superou todas as expectativas, chegando a públicos de todas as idades, de aldeas, vilas e cidades, de Galicia, do resto da Península e mesmo de Brasil. En tres anos acadou as 180 funcións e os 25.000 espectadores. Un fenómeno teatral que se repetiu en 2002, cando se fixo un remake para celebrar o 15 aniversario de Chévere, que foi estreado na Sala Nasa cun equipo renovado. O ano pasado, Chévere volveu recuperar a obra para conmemorar o trinta aniversario da compañía.

Río Bravo foi, ademais, a obra que abriu a colección de teatro da editorial Kalandraka –onde se están a publicar varios títulos de Chévere– e que recibiu o Premio Gala do Libro Galego na categoría de Teatro, este mesmo ano.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!