in

Redrum Teatro estrea comedia musical en Ourense

ContosDoRecreo |

A compañía Redrum Teatro ultima os detalles para a estrea do seu novo espectáculo teatral, a comedia musical Contos do Recreo, que terá lugar o 23 de setembro no Auditorio Municipal de Ourense.

Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado do mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun gran contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo A Nena Que Quería Navegar, pero desta vez dende o punto de vista da nena acosadora. Redrum considera que as nenas e nenos que exercen acoso son tamén vítimas xa que se trata de conductas de imitación e/ou autodefensa e trata con este espectáculo de concienciar sobre os seus efectos.

Alicia é unha rapaza que goza mofándose das súas compañeiras. No recreo previo ao exame máis importante do curso aparece nun lugar máxico habitado por Xacobe, a estrafalaria estatua que custodia a porta que coroa o lugar. Para poder saír de alí e chegar ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar as probas que se agochan tras a porta dos recreos pasados presentes e futuros.


Publicidade

Redrum Teatro é unha compañía compostelá con dez anos de traxectoria que conta no seu currículo con espectáculos dirixidos a público adulto como Noiteboa, Currículum Vitae ou A Canción do Elefante e tamén dirixidos a público familiar como Moito Conto, Roedores ou A Nena Que Quería Navegar, estes dous últimos nomeados na categoría de Mellor Espectáculo Infantil nos Premios de Teatro María Casares.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CualquierMañana |

IV edición do Festival Quincegotas na Coruña

RequiemMonicreque |

O XXIII Festival Galicreques presentará 13 funcións escolares