Actualidade

PUBLICIDADE

O próximo 24 de novembro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co apoio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña, a Universidade da Coruña e CEDRO, organizan a III Xornada de Literatura Dramática baixo o título “A palabra teatral nas aulas”. Este ano, inclúe unha convocatoria a dramaturgxs para participar no Festival “Pezas dun teatro do porvir”.

O programa completo previsto é este:

 

Mañá

10:00 Mesa redonda 1. A literatura dramática galega no último cuarto do século XX.

11:25 Mesa redonda 2. A literatura dramática galega nas primeiras décadas do século XXI.

12:45 Mesa redonda 3. O teatro nas aulas.

 

Tarde

16:00 Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática.
Dentro das actividades desta III Xornada, establécese a seguinte proposta aberta, para a que xa está aberto o prazo de inscricións:

Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática.

Convocatoria aberta a 4 dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público amosando un fragmento ou mostra desta. Terá lugar unha exposición ou mostra dun fragmento da peza (máximo de 15 minutos), e haberá un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto (máximo 15 minutos). As presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o considere máis axeitado á peza que vai amosar a través dun fragmento desta.

No breve debate posterior ás presentacións buscaríase coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, poida servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o, o acabado desas pezas en proceso.

Condicións:

  • Asígnase un orzamento total de 300 euros para cada proxecto seleccionado.
  • O prazo para a presentación de propostas remata o 8 de outubro de 2018. Enviaranse ao correo electrónico oficina@aelg.org

 

18:30 Clase maxistral a cargo de José Maria Vieira Mendes, recoñecido dramaturgo portugués.

Aberta a todas as persoas interesadas. O autor falará sobre as relacións entre literatura e o teatro, centrándose nos textos e contextos no teatro portugués actual, e posteriormente manterá un coloquio co público asistente.

 

A xornada desenvolverase no Espazo Normal (Paseo de Ronda, 47, A Coruña) e está coordinada por Afonso Becerra de Becerreá, vogal de Literatura Dramática da AELG, e Cilha Lourenço Módia, da Universidade da Coruña.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Relacionado

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos