in

O FIOT estrea programa para conectar coa mocidade

Sátrapa
Lucía Aldao y María Lado. As Fontiñas, Santiago D.C. 17-10-15

As actividades e ofertas do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo seguen crecendo e evolucionando. Nesta 27ª edición o FIOT marcouse como obxectivo conectar coa mocidade e atraer á chamada xeración Millennial. O FIOT abre unha nova canle, o FIOTeen, cun programa que incluirá propostas escénicas especialmene dirixidas a esa franxa de idade.

O FIOTeen comezar hoxe mércores día 3 de outubro, ás 11.30 h. no auditorio do Pazo da e contará cos alumnos de primeiro de bacharelato do IES Isidro Parga Pondal. O xoves día 4 a las 10.00 h. será a quenda do alumnado do IES Monte Neme, e ás 12:00, do IES Alfredo Brañas.

A mocidade carballesa participará nesta experiencia teatral da man da compañía Aldaolado e o seu espectáculo Movidas da poesía. A compañía ofrecerá unha obra dirixida a adolescentes na que se mesturan poesía, música en directo e, por suposto, humor. Lucía Aldao e María Lado mostrarán a través dun xogo as peripecias que hai que superar para chegaren a poetas. “Toda a rapazada descubrirá que pode dedicarse á poesía e que ten unha capacidade innata para o galego.”

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    ManuelMariaOrdes

    Preséntase a obra teatral completa de Manuel María

    PremiBorn2018

    O XLIII Premi Born de Teatro 2018 entregarase o 20 de outubro en Ciutadella de Menorca