O II Certame de Teatro Concello de Lourenzá comeza este venres, 2 de novembro, ás 21:00 horas, cunha representación a cargo do grupo Bule Bule, formado por actores e actrices de Alfoz e Lourenzá. O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou o pasado mércores, que a gala de entrega de premios está programada para o 9 de decembro e unha das novidades desta edición é o Premio do Público.

Esta fin de semana, o grupo Bule Bule, de Alfoz-Lourenzá poñerá en escena a obra Xente con xente; será ás nove da noite. É un grupo formado por xente dos grupos Raiolas, de Alfoz, e Os Trangalleiros, de Lourenzá. O domingo actuará o grupo que gañou o ano pasado, Ollomao, de Barreiros, coa obra Oe, oe, oe, ás 20:00.

O certame continuará as próximas fins de semana: o sábado día 10, o grupo Rebuldeira (Sarria) porá en escena Delicadas e o domingo 11, Avelaíña (Pontevedra) representará María Castaña. O 17 de novembro será a quenda de Faro Miño (Chantada), con Langreira de amor e, o domingo 18, Os Palimoquiños (Lugo) levarán a Lourenzá Borralliña. Finalmente, o grupo Andanzas de Viveiro estará no certame con El caso de la mujer asesinadita o día 24 e Fauna 113 (Vigo) rematarán o día 25 con Deus, unha comedia.

O concelleiro de Cultura en Lourenzá salienta que as novidades deste ano consisten fundamentalmente no incremento do primeiro premio, que pasa de 600 a 750 euros, e nun novo premio do público.

 

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos