in

D10! Encontro para a Formación e Innovación en Circo

futuro animal |
A primeira cita será un taller a cargo de Roberto Magro que se desenvolverá os días 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia. O Salón Teatro acollerá o día 30 de novembro o espectáculo Futuro animal como peche das actividades desta iniciativa.

 

O Centro Dramático Galego (CDG) e a compañía Pistacatro Produtora colaboran para ofrecerlles aos profesionais do circo e das artes escénicas galegas o taller “O actor de circo, por un adestramento creativo”, a cargo do italiano Roberto Magro. O encontro, que terá lugar os días 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, será a primeira das tres actividades formativas previstas dentro da terceira edición de D10! Encontro para a Formación e Innovación en Circo.

Que significa ser intérprete, autor e investigador teatral en circo ou que implica a escrita específica para esta disciplina son algúns dos aspectos que se abordarán neste obradorio. Para isto contarase coa participación de Magro, actual director do taller de creación na mostra catalá Deltebre Dansa e fundador de Brocante, festival internacional de circo contemporáneo que se celebra desde hai 10 anos en Valcovera (Italia).

Publicidade

Ata 12 persoas (preferentemente con experiencia profesional previa en circo ou estudantes desta disciplina) poderán asistir a este taller, que hoxe remata o seu prazo de inscrición online a través do web de Pistacatro.

D10! continuará a desenvolverse con outras dúas citas no Gaiás: o curso “Microbatics”, que impartirá o especialista en danza acrobática Winston Reynolds o 24 e o 25 de novembro; e un obradoiro para a captación de públicos nas artes escénicas, da man da mestra en Marketing e Xestión de Comunicación Miren Martín os vindeiros días 26 e 27.

O Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede do CDG, clausurará esta iniciativa eminentemente formativa o venres 30 de novembro ás 20,30 h. coa exhibición do espectáculo Futuro animal, da compañía Twisting The Balance, unha obra clasificada no subxénero de circo político, con dirección e dramaturxia de Rolando San Martín e interpretación de Leire Mesa. A espectacularidade do formato escénico que se investiga na peza reside na potencia social, discursiva e poética que o propio circo pon en movemento no imaxinario popular antes de entrar á carpa a ver un espectáculo circense .

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CarminaBurana2 |

Os ‘Carmina Burana’ da Fura estarán no Mar de Vigo

OrquestraDeMalabares14 |

A Deputación da Coruña apoia dezanove proxectos culturais singulares