O grupo Fauna 113, de Vigo, foi o gañador da segunda edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá, que rematou o pasado domingo coa gala de entrega de premios.
O grupo vigués, coa obra Deus, unha comedia, baseada na obra de Woody Allen, foi o triunfador do II Certame de Teatro Concello de Lourenzá, obtendo o premio Conde Santo á mellor representación. O premio Lourenzo, ao mellor actor, foi para Pablo Rodríguez; e o Ana, á mellor actriz, para Iris Darriba, ambos da mesma compañía.
Avelaíña Teatro, de Pontevedra, coa obra María Castaña, acadou o premio á mellor posta en escena e os de actor e actriz de reparto, que foron para Xabier Fernández e Menchu González. O premio especial do público foi para Borralliña, de Os Palimoquiños de Lugo.
- Ártika Cía. estrea ‘Isto non é un acto político’ - 02/10/2026
- O FIOT de Carballo celebra a súa segunda semana - 01/10/2026
- O Centro Dramático Galego estrea ‘A gaivota, ensaio aberto’ - 01/10/2026



