in

‘La culpa’ de Mamet en Pontevedra e Vigo

LaCulpa |
La culpa, de David Mamet, dirixida por Juan Carlos Rubio e interpretada por Pepón Nieto, Magüi Mira, Miguel Hermoso e Ana Fernández, poderá verse esta fin de semana en Pontevedra (Auditorio de Afundación, sábado 15 ás 20:30) e Vigo (García Barbón-Afundación, domingo 16 ás 19:30). | Foto: Sergio Parra |

 

Na obra –que trata temas relacionados con acusacións a carreiras profesionais e cos avances da comunidade LGTBI–, un psiquiatra (Pepón Nieto) é requirido para declarar a favor dun paciente acusado de ser o responsable de cometer un masacre. Cando se nega a facelo, a súa carreira, a súa ética e as súas crenzas son cuestionadas, desencadeando unha espiral de acontecementos que convulsionará non só a súa vida, senón a da persoa que máis quere, a súa esposa (Ana Fernández). Magüi Mira interpreta á avogada do acusado e Miguel Hermoso é o avogado da acusación.


Publicidade

David Mamet –autor dalgunhas das obras máis recoñecidas do teatro norteamericano das últimas décadas: Oleanna, American Buffalo, Glengarry Glen Rose…– ofrece nesta un dilema continuo ao espectador, con temas recorrentes na súa produción como o abuso de poder e os xuízos mediáticos. Esta é a primeira montaxe da obra fóra dos Estados Unidos, onde se estreou en febreiro de 2017

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Daniel Abreu

TRC Danza 2018 remata este venres con ‘La desnudez’, de Daniel Abreu

Lourenzá |

Fauna 113 triunfa no II Certame de Teatro amador Concello de Lourenzá