in

TRC Danza 2018 remata este venres con ‘La desnudez’, de Daniel Abreu

Daniel Abreu
Daniel Abreu presenta La desnudez, o venres 14 de decembro, ás 20:30, como peche ao TRC Danza 2018. Antes, o mércores 12, preséntanse os distintos procesos de creación levados a cabo no marco da Programación Expandida TRCDanza 2018.

 

O título do último traballo do coreógrafo canario Daniel Abreu é La desnudez, un traballo que viaxa máis pola idea de intimidade e non tanto da nudez dos corpos de el, o propio creador e bailarín, e dela, a bailarina Dácil González, que se soben ao escenario xuntos, en total sintonía, para suxerir un paseo entre o amor e a morte.

Móvense eles e o tocan todo. Namentres, constrúese algo líquido, maleable e que da vértigo. Unha xeografía de instantes e obxectos chea de cambios rápidos como cando moitos ollos miran á mesma vez a mesma cousa.

Unha atmósfera dunha intensidade, beleza e poesía tan natural e tan propia do inmenso traballo de creación dun autor que en 2014 foi destacado co Premio Nacional de Danza.

 


Publicidade

Procesos de creación coas comunidades

Os distintos procesos de creación levados a cabo no marco da Programación Expandida TRCDanza 2018 preséntanse nunha xornada conxunta, o mércores 12, na que poderemos gozar do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Deputación da Coruña, do alumnado do IES Zalaeta e da comunidade implicada no proceso na Universidade Senior.

Para accionar esta pata do programa, TRC Danza contou con seis artistas aliadas que levan traballando varios meses man a man coas comunidades: Cris Vilariño e Ánxela Blanco no proxecto MASA (Mover as Aulas) no instituto, Alba Fernández Cotelo e Estefanía Gómez no Conservatorio de Danza e Ana Beatriz Pérez e Heeln Bertels na Universidade Senior. Poderemos gozar das tres pezas o mércores 12 de decembro, ás 20.30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Casquería |

Xerpo Cultural chega ao Salón Teatro de Compostela con ‘Casquería e outras vísceras’

LaCulpa |

‘La culpa’ de Mamet en Pontevedra e Vigo