in

Carlos Blanco e Touriñán volven xuntos aos teatros

Unhanoitenapraia |
O espectáculo teatral Unha noite na praia, escrito e dirixido por Javier Veiga, percorrerá as grandes cidades galegas entre os meses de maio e xuño. Logo do éxito de Somos Criminais, que se converteu no espectáculo con máis entradas vendidas na historia do teatro galego, Carlos Blanco e Touriñán xúntanse de novo para ofrecer ao público unha comedia con mar de fondo.

 

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven xuntos aos teatros. Logo da experiencia de Somos Criminais, o espectáculo que compartiron durante o pasado ano e que bateu todos os records de venda de entradas, regresan desta volta cunha comedia con mar de fondo. Escrita e dirixida por Javier Veiga, coa produción de Ainé Producións.

Unha noite na praia é unha comedia de dous personaxes. Dous tipos moi distintos que coinciden ao solpor nunha praia fronte ao mar. Klaus e Manuel, un sueco e un galego, que se parecen o mesmo que o restaurante do Ikea a un furancho da aldea.

Publicidade

Na praia non queda ninguén; só Manuel, que traballa no chiringuito, e Klaus, un turista que non quere levantar o cu da derradeira hamaca que queda por recoller. Así arranca o conflito destes dous tipos: un quere marchar para a casa a durmir, e o outro quere que lle poñan a última cervexa e un ombreiro para chorar as súas penas polo seu corazón roto.

Unha noite na praia é un cruce de camiños de area no que se xunta unha parella improbable; dous imáns opostos, auga e aceite, a fame coas ganas de comer… Klaus e Manuel comezan a falar, e comparten anécdotas e recordos. Pero pouco a pouco van saíndo tamén os medos, os soños, as inseguridades… E finalmente son segredos e confesións que se cadra tería sido mellor non ter confesado.

 

De xira por toda Galicia

Entre os meses de maio e xuño Touriñán e Carlos Blanco xirarán por toda Galicia con Unha noite na praia. Vilalba (10 e 11 de maio), Santiago (25 e 26 de maio), Lugo (31 de maio), Pontevedra (7 e 8 de xuño), A Coruña (14 e 15 de xuño), Vigo (21 e 22 de xuño), e Ferrol (28 e 29 de xuño) completan o calendario desta primeira xira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

telontui |

O pano do Teatro Principal de Tui será exposto durante as festas de San Telmo

YoshiHioki |

O Festival Atlántica chega a Lugo