in ,

Chega a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” de Zas

theatre 2535552 1280 |

A IV edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” xa ten finalistas despois de que o xurado visionase as 43 obras de teatro que se presentaron para participar neste certame; unha cifra que bate a mellor marca de participación de todas as edicións. A mostra, organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, terá lugar os días 23 e 30 marzo e 6, 13 e 27 de abril cos Auditorios de Zas e de Baio como centros da mostra. As funcións comezarán ás 21:30 e a entrada é, como sempre, de balde.

Na IV Mostra de Teatro representaranse cinco obras de teatro afeccionado para todo tipo de públicos e gustos, xa que haberá musicais, dramas e incluso comedias moi serias.

 

Programa

A primeira representación é o próximo sábado, 23 de marzo, coa obra de teatro Insania, da Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos. Esta é unha comedia “moi seria” para maiores de 12 anos que se representará no Auditorio de Zas.

Logo será a quenda de Bolboretas: A Vinganza, de Pinchacarneiro Teatro que traen dende Noia esta comedia musical. A representación é o 30 de marzo no Auditorio de Baio e está dirixida a maiores de 16 anos.

A mostra continúa durante o mes de abril. Así, o día 6, o Auditorio de Baio acolle a obra de teatro Chicago, do Grupo de Teatro Ultreia de Ortigueira. Este é un musical ao que poden asistir todos os públicos.

O día 13 de abril tocaralle subir ao escenario ao elenco de Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, que nos traerá ao Auditorio de Zas o seu drama 2010. A obra é para maiores de 12 anos.


Publicidade

Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, será a compañía encargada de pechar esta IV Mostra de Teatro o día 27 de abril. Farao coa representación da comedia O Xogo de Versalles que terá lugar no Auditorio de Baio e á que poderán asistir os maiores de 8 anos.

 

Premios

A mostra repartirá 3.500 euros en premios que se repartirán en cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público. Ademais do premio en metálico, os gañadores recibirán un trofeo conmemorativo e un diploma acreditativo.

Para a entrega de premios haberá que agardar ata o 9 de xuño, día no que tamén terá lugar a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil nun acto que se celebrará no Auditorio de Baio a partir das 18:00.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CARTEL XXIIIFrag |

A gala dos María Casares retransmitirase a través de Youtube

telontui |

O pano do Teatro Principal de Tui será exposto durante as festas de San Telmo