in

Comeza a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

LaSeccion |

A 24ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) arranca como xa é tradición coa actuación da Aula Universitaria de Ourense Rosaura, que interpretará na rúa do Paseo a súa obra Indo e vindo. Seguiralle ás 20.30 h a Aula Cordelia, que presentará no Teatro Principal de Ourense O corpo estelar. A nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario aposta máis unha vez pola diversidade cultural.

Durante máis de dúas semanas Ourense gozará de representacións teatrais en diferentes recintos e de espectáculos nos que se mestura o circo e a danza nas rúas da cidade. Ademais dunha forte presenza de grupos galegos, entre eles as aulas de teatro das diferentes universidades, haberá compañías de Portugal, México, Nicaragua, Costa Rica e Holanda e de comunidades autónomas como Madrid, Catalunya, Murcia, Castilla y León, Andalucía e Navarra.

A cita acolle unha intensa programación de 28 espectáculos nos que non só haberá teatro, senón tamén danza e música e que unha vez máis apostará non só por divertir ao público senón tamén por suscitar a reflexión sobre preocupacións sociais, como a migración.

 

Actuacións das aulas da Universidade de Vigo

Nesta edición da Miteu actuarán para o público as catro aulas de teatro e a aula de danza do campus de Ourense e a aula da Universidade de Vigo. Así, a programación da 24ª edición da mostra arranca coa actuación hoxe da Aula Rosaura, que representará Indo e vindo no centro da cidade, e da Aula Cordelia, que levará ao Teatro Principal a súa peza O corpo estelar. O domingo día 5 de maio, será a quenda de Geppetto, a Aula de Teatro Infantil de Ourense, que representará Aprendiz de bruxa no Auditorio Municipal, e da Aula de Teatro da Universidade de Vigo, que levará ao escenario do Teatro Principal a súa obra Círculo. A Aula Maricastaña será a encargada de pechar esta edición da Miteu o sábado 11 de maio coa estrea de Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse no Teatro Principal. Por último, a aula de danza do campus, chamada Dou-tras, organizará a 9º Encontro de Danza Interuniversitaria.

 


Publicidade

Programación no campus

O campus de Ourense será tamén un dos escenarios que acollerá a programación desta Miteu. Así, o sábado 27 de abril a antiga capela acollerá a actuación de Citac, procedente de Coimbra, que representará Alba. E nela é que espelhou o céu e o sábado 4 de maio a programación continuará no campus co espectáculo El pueblo escogido, de Teatre de Pas, da Universitat de Lleida.

Tamén nas instalacións universitarias se celebrará o curso formativo desta edición da Miteu, que será ofrecido por Carlos Charly Vargas baixo o título “Construción de máscaras de cartón e introdución de máscaras á escena teatral”. A formación, que se desenvolverá o día 5 de maio, conta con 15 prazas e nela o actor e monicrequeiro de Costa Rica introducirá ás e aos participantes no mundo das máscaras e da comunicación a través delas.

 

Programa

ProgramaMITEU OUR19 |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DanzaEnTransito |

“Danza en tránsito” en Compostela

DaTeDanzaAkari |

Celebrando o Día Internacional da Danza