in ,

‘Invisibles’, de Redrum Teatro, acompaña a presentación da MIT Ribadavia

InvisiblesMela |

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia prepara unha presentación especial para dar a coñecer o programa do 35 aniversario do festival.

O xoves día 21 de xuño, ás 12:00, no Salón de Actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense (Rúa do Progreso, 30) terá lugar a rolda de prensa de presentación de todo o programa, coas distintas autoridades representantes das Administracións públicas implicadas no festival.

Ao día seguinte, venres día 22 de xuño, na Casa da Cultura de Ribadavia, un acto aberto a toda a veciñanza de Ribadavia ofertará a oportunidade de coñecer de primeira man os detalles do programa, artistas, foros, obradoiros e liñas mestras do deseño programático desta edición de 2019 da MIT nun encontro co Director da MIT e, por outro lado, asistir a un espectáculo –Invisibles, de Redrum Teatro – de teatro documento, xénero destacado da presente edición do festival. O acto será ás 21:00 e o espectáculo ás 22:00.


Publicidade

Invisibles é un espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental deste espectáculo é concienciar e sensibilizar ás espectadoras e aos espectadores con esta lacra que invade a sociedade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ninguennaceaprendidoCDG |

O Centro Dramático Galego ofrece cinco obradoiros sobre distintas disciplinas

UnAmourImpossible |

María de Medeiros volve aos escenarios do Festival de Almada