in

Nace a plataforma dixital de artes escénicas Mundo Escénico

Digitalball |

As Artes Escénicas en Galicia xa contan cunha comunidade online onde os diferentes axentes poden interactuar. Mundo Escénico nace como unha iniciativa dentro da terceira edición do programa de emprendemento Go2Work de Barro organizado pola Deputación de Pontevedra e a Escuela de Organización Industrial. A comunidade, que xa está en funcionamento, cubre catro ámbitos principais: Teatro, Música, Danza e Folclore, onde se engloba todo tipo de actividade escénica.

Mundo escénico está dirixido principalmente a catro tipos de perfís de usuario: os espectadores, que buscan unha axenda completa e actualizada e tamén valorar e seguir ós seus grupos favoritos; os artistas, membros de grupos, bandas e compañías que necesitan unha rede social do sector onde divulgar os seus espectáculos e conectar con outros artistas e profesionais; os xestores e programadores culturais, que precisan un directorio cos todos os grupos e espectáculos en carteleira con valoracións da comunidade para poder deseñar de forma máis efectiva as súas axendas; e os profesionais do sector que buscan un canal específico para ofrecer os seus servizos vinculados as Artes Escénicas.

A plataforma web de Mundo Escénico (dispoñible en mundoescenico.gal) xa permite rexistrarse de forma gratuíta e escoller o tipo de perfil que máis se axusta a cada usuario (espectador, artista, xestor cultural, profesional do sector…). Tamén permite engadir información social ou artística para darse a coñecer na comunidade.

Publicidade

A web conta xa cunha serie de servizos como son a axenda cultural (cun mapa onde se localizan os eventos), o catálogo de grupos e espectáculos, a rede social para publicar actividade no “muro”, engadir amigos, seguir grupos, etc., un blog con información interesante do eido escénico na que participan colaboradores e unha sección chamada “Ágora” para xestionar a oferta e demanda de formación, talleres e servizos profesionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MartaAlonso |

O CCG coproducirá os novos espectáculos de Artestudio, Marta Alonso e Kirenia Martínez

Tannhauser |

Rolda Internacional: 7 / 08 / 2019