in

Aberto o prazo para presentar propostas a SóLODOS en Danza 2019

Cárcaba |

SóLODOS en Danza / Ourense / 2019, o Festival Internacional de Danza Contemporánea, fixo públicas as bases para o Certame de Creación de Dúos e Sólos. A data límite para a presentación das propostas será o 11 de outubro e as datas nas que se desenvolvan o Festival e o Certame serán do 21 ao 23 de novembro, en Ourense.

SóLODOS en danza é un proxecto de Cooperación Cultural, un proxecto de ámbito artístico –social que xenera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Sólodos utiliza diferentes estratexias de colaboración para construír unha ponte cultural entre artistas de América e Europa.

SóLODOS en Danza é un espazo de colaboración e intercambio entre institucións públicas, privadas, festivais, organizacións sociais, culturais e artistas. A plataforma ofrece bolsas, residencias artísticas, intercambios técnicos profesionais, coaching con académicos especializados en artes escénicas, entre outros.

 

Presentación de propostas para o Certame de Creación de Dúos e Sólos

  1. Poden participar todas aquelas coreografías (dúos e solos) de creadores iberoamericanos, residentes en España maiores de 18 anos. Os intérpretes das obras tamén deben ser maiores de 18 anos.
  2. Poderanse presentar solos e dúos de danza contemporánea. As pezas estarán interpretadas por un ou dous artistas. É indispensable que o creador (tanto nos solos como nos dúos) sexa intérprete na obra.
  3. A duración da obra presentada será de entre 8 e 10 minutos; se a creación non chega a 8 minutos ou excede de 10 minutos, a peza non poderá participar no concurso.
  4. A peza que se envíe na gravación para a preselección, será a mesma que se presente o día do concurso. Non se admitirán cambios substanciais. Os vídeos poderán mostrarse con todos os seus elementos, ou simplemente unha gravación de ensaio. A gravación debe de ser en plano fixo, sen editar, onde se vexa a totalidade da obra.
  5. SóLODOS EN DANZA / Ourense / 2019 celebrarase no Auditorio Municipal de Ourense. Para o Certame unicamente se contará con necesidades técnicas imprescindibles, como equipo de son, chan de danza e iluminación básica.
  6. As obras que se presenten teñen que ser flexibles para ser bailadas en rúa ou en teatro, indistintamente. A xira en Costa Rica realízase en espazos non convencionais, parques, prazas, rúas, colexios.
  7. Un mesmo creador pode presentar varias obras a concurso; nese caso só unha poderá ser seleccionada.
  8. Realizarase unha preselección por vídeo de ata 6 creacións, dúos e solos, que se presentarán en SóLODOS EN DANZA / Ourense / 2019. Os artistas finalistas teñen que participar en todas as actividades do FESTIVAL SóLODOS os días 20 e/ou 21, 22 e 23 de Novembro.
  9. Documentos para enviar a proposta:
    a/ Vídeo da Coreografía: mediante un link a YouTube, Vimeo ou outro portal de internet no que se poidan subir vídeos e se poidan visualizar publicamente. O título do link de vídeo aparecerá da seguinte maneira: Título da peza…………. / Nome do Creador……………………
    b/ Ademáis terás que adxuntar no email a seguinte información:
    – Pequeno texto onde expliques por que queres participar en SóLODOS EN DANZA Ourense 2019.
    – Título da Peza / Nome do Creador
    – Pequeno texto sobre o traballo presentado (máximo 5 liñas) e link ao vídeo. Nacionalidade e idade do creador.
    – Email e contacto telefónico.
    – Nome e apelidos, idade, número DNI, provincia/pais de residencia e nacionalidade de/os intérprete/s, emails de contacto.
    – CVs do Creador e do/s intérprete/s. Máximo unha folla por cada artista!Toda esta información, link de vídeo e info requerida, será enviada ao seguinte enderezo de email: [email protected]
  10. Un equipo de profesionais avaliará os vídeos e seleccionará aqueles que considere oportunos. O venres día 11 de outubro de 2019 será o último día para recibir as propostas e a documentación requirida.
  11. O venres 18 de Outubro de 2019 publicarase no web e redes sociais de Sólodos En Danza, as obras seleccionadas. A organización porase en contacto unicamente cos seleccionados.
  12. SóLODOS EN DANZA non asumirá ningún gasto dos finalistas (correspondentes a traslados, manutención); unicamente SóLODOS asumirá a estancia dos artistas participantes na cidade de Ourense.
  13. O Festival SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 realizarase do 20 ao 23 de novembro na cidade de Ourense, Galicia. Un espazo para o intercambio profesional, clases maxistrais, actuación para escolares e obradoiros, con mestres internacionais. É requisito indispensable para os finalistas participar neste Encontro. As actividades realizadas son creadas e pensadas exclusivamente para os participantes finalistas. Todos os artistas finalistas deberán estar en Ourense desde o día 20 ou 21 de novembro (depende da semifinal que se lle otorgue) ata o 23 de novembro.
  14. Todo o material fílmico xerado por SóLODOS EN DANZA quedará a disposición da organización. A organización resérvase o dereito de quedar con todo o material enviado, incluídas as obras non seleccionadas para o seu arquivo histórico; así mesmo a organización quedará exenta dos dereitos das imaxes tomadas polo fotógrafo da organización, durante a realización do mesmo. Permitirase ás canles de televisión Local, Rexional, Nacional e Internacional a libre filmación do Evento unicamente con fins informativos, ningún coreógrafo e intérprete poderá impedir a filmación dos Eventos.
  15. Calquer outro suposto non recollido nas presentes bases, será resolto pola dirección do Comité Organizador.
  16. Estar seleccionado no concurso supón a aceptación das presentes bases. O seu incumplimiento poderá deixar á creación premiada sen premio.

 

Premio SóLODOS en danza / Ourense / 2020 con xira a Costa Rica


Publicidade

Os obxectivos deste premio son facilitar a mobilidade de creadores novos, propiciar o encontro entre profesionais escénicos iberoamericanos, crear un espazo para o intercambio de ideas e proxectos nun contexto único como o é Sólodos en Danza /Costa Rica /2020.

SóLODOS en Danza premiará unha obra e ao seu creador-intérprete ou creadores-intérpretes, con unha xira por diferentes comunidades costarricenses. Ademais, o equipo da peza gañadora realizará coloquios, obradoiros, participará en actividades socioculturais durante a xira. Tamén se desenvolverá unha residencia artística en conxunto con outros colegas iberoamericanos no espazo de Creación e Investigación Sólodos Costa Rica, a obra premiada formará parte da gala de danza iberoamericana que viaxará por todo o país. Os gañadores terán encontros cos colaboradores do proxecto, Universidades, escolas de arte, Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, plataformas culturais comunitarias, Escolas de Danza estatais e privadas, encontros con artistas locais. Os gañadores terán, ademais, obradoiros e clases maxistrais gratuitos con diferentes mestres Internacionais.

SóLODOS EN DANZA proporcionará o billete/es de avión a Costa Rica (saindo desde Madrid – San José, Costa Rica – Madrid) á obra gañadora, coordinando os seus traslados, aloxamentos e manutención, durante toda a xira en Costa Rica. A organización fará labores de acompañamento dos artistas durante a súa xira polos distintos lugares.

O premio, que non ten dotación económica, consistirá na viaxe a Costa Rica (Saida desde Madrid – Costa Rica – Madrid) en outubro 2020 (por concretar exactamente coa organización); xira por diferentes rexións de Costa Rica, en espazos non convencionais; participación na VIII Edición de SóLODOS EN DANZA / Costa Rica / 2020; Workshops internacionais (recibir e impartir); coaching e Residencia Artística con profesionais e académicos especializados en artes escénicas.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

theatre1179752 |

III Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá

MarGomez |

Comeza o XIX Festival Manicómicos da Coruña