Actualidade

O FIOT abre a inscrición para o campamento infantil ‘Noite branca no teatro’

PUBLICIDADE

As bases para o XIX Concurso Escolar Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” tamén está xa dispoñibles para o público.

 

O Festival Internacional Outono de Teatro abrirá, un ano máis, as portas do teatro aos máis pequenos da casa. A nova edición do FIOT ofrecerá a posibilidade de coñecer e experimentar o mundo das artes escénicas a través dunha vivencia única como é un campamento nun teatro. A iniciativa, nomeada Noite branca no teatro, enmárcase na programación infantil O Fiotiño, que pretende, a través de propostas singulares e especiais, que as máis cativas e cativos tamén poidan gozar do teatro.

A Noite branca no teatro diríxese, fundamentalmente, a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos de idade. A actividade celebrarase entre as 19.30 horas do venres 27 e as 11.00 horas do sábado 28 polo que a cea, noite nos sacos de durmir e o almorzo da mañá seguinte formarán parte dunha aventura chega de xogos, sorpresas e, sobre todo, moito teatro. Durante este emotivo campamento, as e os participantes achegaranse ao mundo do espectáculo e aos seus segredos, coñecerán como é a escena por dentro e participarán en divertidos obradoiros ateigados de maxia sobre as táboas.

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 16 e estará activo até o mércores 25 de setembro e as solicitudes poderanse entregar no Pazo da Cultura ou no enderezo electrónico fiot@fiot.gal. En total, o campamento teatral que organiza a Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración da Asociación Aloumiños contará cun total de 25 prazas, e o prezo por participante é de 20 euros.

 

XIX Concurso Escolar Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”

Igualmente, a Asociación Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do FIOT, coa colaboración de Radio Voz, convoca o XIX Concurso Escolar Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” dirixido a rapaces e rapazas dos colexios, institutos e asociacións de Bergantiños.

O obxectivo é promocionar as artes escénicas entre a mocidade. Poderán participar en grupos de entre 2 e 8 persoas, dirixidos por un profesor.

A organización, por necesidades técnicas de gravación, só pode garantir a participación dos 30 primeiros grupos en inscribirse.

Un xurado, tras escoitar as gravacións, seleccionará os grupos finalistas. A final está prevista para o 10 de novembro no Pazo da Cultura.

Haberá dúas categorías. Por unha banda, de infantil e primaria, por outra, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Por cada categoría haberá dous premios que consistirán en libros e material didáctico valorados en 200 euros e 100 euros.

O prazo de inscrición remata o 3 de outubro. A inscrición deberá realizarse no enderezo electrónico fiot.teatro.lido@gmail.com, confirmando o envío no teléfono 981 704 300.

As bases e a ficha de inscrición poden descargarse aquí.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!