A editorial Galaxia vén de publicar un volume que reúne tres obras teatrais para nenos de Bernardino Graña. Lobísimo do saco. Tres titiritadas, que foi presentado o pasado venres en Vigo coincidindo co 87º aniversario do escritor, contén dúas pezas recuperadas de revistas, Sinfarainín contra don Perfeuto e Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán), e unha terceira inédita, Lobísmo do saco.

Malia ser publicados como teatro infantil, trátase de textos que conteñen varias lecturas: Sinfarainín contra don Perfeuto, por exemplo, é unha peza de principios da década de 1970 –contemporánea de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas– de Carlos Casares, na que se ataca a figura de Franco. Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán) critica o poder do diñeiro e a falsidade da xustiza. Lobísimo do saco, finalmente, tenta ser unh metáfora que opón ditadura e democracia.

As tres son pezas pensadas para ser representadas por monicreques e moi ligadas ao teatro popular. Os animais son os protagonistas destas historias que conteñen moito humor, pero tamén invitan a reflexionar sobre o abuso do poder, a tiranía e, en definitiva, o terrible que é para unha sociedade perder a liberdade.

O volume contén un limiar do propio Graña, no que aclara cuestións que concirnen ás circunstancias nas que foron escritas cada unha das pezas e un epílogo de Ramón Nicolás.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos