in

La Ribot no TRCDanza 2019 da Coruña

HappyIslandLaRibot |
O vindeiro 5 de outubro, ás 20:30, dentro do cicloTRC Danza 2019 do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, La Ribot, en colaboración coa compañía portuguesa Dançando com a diferença, presentará o espectáculo Happy Island.

 

Happy Island é froito do encontro de La Ribot coa compañía de danza inclusiva portuguesa Dançando com a diferença. Cinco bailaríns profesionais con discapacidade física e intelectual, entréganse en escena con total liberdade nesta oda á imaxinación, ao alborozo e á existencia nas súas formas máis variadas.

Apunta a escritora e crítica portuguesa Claudia Galhós que hai persoas que son lugares e lugares que son persoas, e nese encontro ou tensión entre ambos, xérase a ficción, o mito, a lenda. Sen renunciar á realidade. É nese encontro, nese acto de comuñón coa liberdade reivindicada, no que percibimos esa que La Ribot creou cos bailaríns da compañía Dançando Com a Diferença.


Publicidade

Dise que esta é unha compañía de danza inclusiva, na que a maioría dos bailaríns teñen síndrome de Down, pero… mirade máis atentamente. Este é un encontro de persoas e lugares específicos que continúa cunha liña de investigación na que recoñecemos á La Ribot, onde o profundamente humano desafía ao profundamente artístico, que se tocan na asombrosa intimidade do profundamente delirante. A illa e a persoa confúndense. Así como todas as fábulas que habitan dentro de ambas. E así, a fantasía e a realidade achéganse a un soño vivido e soñado. O que existe e o que se mostra en é un testemuño de vida e de arte.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1FAE7DF1 B773 43A6 95A1 7F8F2820D0B4 |

‘Amorodo agre’, de Fernando Castro Paredes gaña o XIX Premio de Teatro Rafael Dieste

6ECF3F64 370E 4AF7 82F8 35B205CCE005 |

Convocado o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual