in

Carballo acolle a final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

ConcursoEirís |

Non se pode dar por terminado o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo) ata que non se celebra a final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O auditorio do Pazo da Cultura acollerá hoxe domingo a final da XIX edición deste certame, que este ano supera os 360 participantes. O acto, organizado polo Concello de Carballo e a Asociación Cultural Carballo acolle a final do Telón e Aparte dentro da programación do FIOT, comezará ás 18:00.

Unha vez realizadas todas as gravacións, e previa convocatoria da A.C .Telón e Aparte a efectos de de seleccionar os finalistas do XIX Concurso Escolar Teatro Lido reuníronse o luns 4 de novembro no Pazo da Cultura de Carballo o xurado deste concurso, formado por:

  • ALBA BERMÚDEZ IGLESIAS, actriz profesional, co-fundadora de Galeatro e colaboradora do FIOT.
  • SANTIAGO PAZOS IGLESIAS, gran afeccionado ao teatro, articulista teatral e colaborador con medios de comunicación.
  • MANUEL SÁNCHEZ GARCÍA, profesor, gran afeccionado ao teatro e actor amador da Aula de Teatro Municipal de Carballo.
  • MELINA REGUEIRA VARELA, xestora cultural e voluntaria do FIOT.
  • FRANCISCO J. RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, locutor en representación de Radio Voz, entidade colaboradora con este concurso.
  • XIANA MÁRQUEZ ANTELO, membro da organización do FIOT e traballadora do Servizo de Cultura do Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado sen voto.

Tras escoitar os 54 grupos participantes e logo das oportunas deliberacións acordan seleccionar para a súa lectura na final do XIX Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís” aos seguintes grupos:

1ª CATEGORÍA


Publicidade

  • CPI CABO DA AREA, Daniela séntese Daniel, do grupo Reversibles
  • CEIP BERGANTIÑOS, Tremoiamanía, do grupo As tremoias
  • CEIP CANOSA RUS, O peixe de ouro, do grupo Os golfiños
  • CPR ARTAI, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, do grupo As Teloneiras

2ª CATEGORÍA

  • IES ALFREDO BRAÑAS, Bullying, do grupo Oratoria
  • IES MONTE NEME, Crispín, do grupo Os teatreiros do monte Neme
  • CPI CABO DA AREA, Seica choven cartos! do grupo Todo ao revés

Na final, os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores. O acto estará presentado pola compañía Caxoto Contacontos, que ademais de ser o mestres de cerimonias amenizarán a final cunha sesión de contos destinada a público familiar.

A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes, que, ademais, recibirán un diploma que poderá ser recollido polos representantes de cada grupo ao finalizar o acto. A entrada é libre ata completar aforo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RutBalbis |

Rut Balbís recibe o Premio da Crítica Galicia de Artes Escénicas

VarietesAureas |

Titiriberia abre hoxe a súa Barraca na Feira de Francos co espectáculo ‘As varietés do Barriga Verde’