in

Comeza a 4ª edición de SóLODOS en Danza / Ourense

NachoCarcaba |

A 4ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense os días 21, 22 e 23 de novembro. O 24 de novembro o festival estende o programa de formación á Coruña. As actividades terán lugar no Laboratorio Escénico Coop.

Esta edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Valencia, Santander, Zaragoza, Granada, Costa Rica, Ucrania, Chile, Ecuador e Argentina entre outros. Durante o Festival presentaranse 13 obras de creadores noveles Iberoamericanos.

O 21 e 22 de Novembro pola mañá, máis de 500 nen@s e moz@s da provincia de Ourense terán un programa exclusivo para eles, compartirán e poderán dialogar cos creadores sobre as súas obras. Serán os de Ourense os que outorgarán o PREMIO XOVE a unha das 10 obras semifinalistas do certame de creación de dúos e solos. Eles seleccionarán a súa coreografía gañadora, premio que se entregará o día 23 na Final do Certame.

Publicidade

Os días 21 e 22 ás 20:30, terán lugar as Actuacións das dúas Semifinais do Certame. Nestas semifinais se seleccionarán as coreografías que pasarán á final e que actuarán de novo o sábado día 23.

O 23 de Novembro ás 20:30 horas terá lugar a Final do Certame de Creación de Dúos e Solos en Danza Contemporánea onde concursarán as coreografías seleccionadas para a final. A coreografía gañadora será premiada co PREMIO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 con Xira Costa Rica. Ademáis se entregarán diferentes premios e bolsas entre os artistas participantes. Un dos premios outorgarao o público asistente ao certame, votará para seleccionar a súa coreografía preferida e entregarase o PREMIO DO PÚBLICO. O Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York PREMIARÁ unha peza para que pase á semifinal de seu Certame en 2020, será o PREMIO Certamen Internacional de Coreografía Burgos – New York 2020.

Este mesmo día 23 e antes da entrega de premios terán lugar as actuacións das Compañías Convidadas Victoria P Miranda, Milki Lee e Nacho Cárcaba, gañador da pasada edición co Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2018.

 

Outras actividades do Festival

Mestres distinguidos impartirán clases maxistrais para estudantes de danza e talleres especializados para profesionais e público xeral. Ademais, o Festival organiza un Foro profesional, onde estarán presentes proxectos de Danza como Red A Cielo Abierto (Red de Festivales de Calle de España) e Festival Trayectos de Zaragoza.

 

Programa completo de Sólodos En Danza Ourense 2019

21 NOVEMBRO · XOVES
10.00 – 11.00 | Clase de Danza Contemporánea e Movemento para Público Xeral, a partir de 40 anos*
Imparten: Nacho Cárcaba / Erick Jiménez | Lugar: Sala Apego

Publicidade

11.00 – 12.30 | Función Escolar 1a Semifinal + Charla co público / Sala Principal:

  • Función das 5 pezas semifinalistas para público infantil e xuvenil.
  • Charla: Ao finalizar o espectáculo haberá unha charla cos artistas.
  • Votación: Os estudantes votarán a súa coreografía preferida. A peza ganadora tras a votación das dúas funcións escolares, recibirá o Premio Xove 2019 que se entregará o día 23.

Actividade realizada en coordinación coa Concellería de Educación Concello de Ourense.

17.00 – 18.15 | Clase de Danza Contemporánea para Profesionais de Danza e Artes do Movemento*
Imparte: Nacho Cárcaba | Lugar: Sala Apego

18.30 – 19.45| Clase de Danza Contemporánea Danza*
Imparte: Nacho Cárcaba | Lugar: Sala Apego

20.30| Función 1a Semifinal / Sala Principal

 

22 NOVEMBRO · VENRES
10.00 – 11.00| Clase de Danza Contemporánea e Movemento para Público Xeral, a partir de 40 anos*
Imparten: Nacho Cárcaba / Erick Jiménez | Lugar: Sala Apego

11.00 – 12.30| Función Escolar 2a Semifinal + Charla co público / Sala Principal:

  • Función das 5 pezas semifinalistas para público infantil e xuvenil.
  • Charla: Ao finalizar o espectáculo haberá unha charla cos artistas.
  • Votación: Os estudantes votarán a súa coreografía preferida. A peza ganadora tras a votación das dúas funcións escolares, recibirá o Premio Xove 2019 que se entregará o día 23.

Actividade realizada en coordinación coa Concellería de Educación Concello de Ourense.

17.00 – 18.15| Clase de Danza Contemporánea para Profesionais de Danza e Artes do Movemento*
Imparte: Mikel Aristegui | Lugar: Sala Apego

18.30 – 19.45| Clase de Danza Contemporánea e Movemento para Estudantes de Escolas de Danza*
Imparte: Mikel Aristegui | Lugar: Sala Apego

20.30 | Función 2a Semifinal / Sala Principal

*INSCRICIÓN CLASES DE DANZA: [email protected] | 607 18 62 24 Por orde de recepción ata completar aforo.

 

23 NOVEMBRO · SÁBADO
10.00 – 11.30 | Clase de Danza Contemporánea para Profesionais de Danza e Artes do Movemento*
Imparte: Mikel Aristegui | Lugar: Sala Principal

10.00 – 11.30| Clase de Danza Contemporánea para Estudantes de Escolas de Danza*
Imparte: Milki Lee | Lugar: Sala Apego

12.00 – 14.00 | Foro SóLODOS / Sala Vermella
Interveñen: Erick Jiménez de Sólodos (Costa Rica – Ourense), Natividad Buil do Festival Trayectos de Zaragoza e Red A Cielo Abierto (Rede de Festivais de Danza Contemporánea en espazos non convencionais de España), Nacho Cárcaba (Ganador do Premio SóLODOS En Danza Ourense 2018 con Xira a Costa Rica) e Víctor López Carbajales (Xestor Cultural).

17.00 – 18.15| Clase de Danza Contemporánea para Profesionais de Danza e Artes do Movemento*
Imparte: Victoria P. Miranda | Lugar: Sala Apego

18.30 – 19.45 | Clase de Danza Contemporánea para Estudantes de Escolas de Danza*
Imparte: Mikel Aristegui | Lugar: Sala Apego

20.30 | Certame de Creación de Dúos e Solos / Sala Principal:

  • Certame, dúos e solos en danza contemporánea seleccionadas nas dúas semifinais previas.
  • Descanso 10 min. Votación Premio do Público.
  • Actuación Artistas convidados:

Tiempo / Nacho Cárcaba / Asturias / Ganador SóLODOS En Danza / Ourense / 2018 / con premio Xira Costa Rica
Intérprete e coreografía: Nacho Cárcaba.

Tempo, habitando na pel, nos ósos, naquelo que se move duns a outros, habitando na súa pel, nos seus ósos, naquilo que os move, a uns e a outros,… descubrir un momento mentres outros empezan a correr en busca do seu tempo, que habitará a súa pel, os seus ósos e moverase… duns a outros.

El peso del oro / Milki Lee / Aragón
Intérprete e coreografía: Milki Lee | Vision Externa: Teresa Magallón.

Peza basada en imaxes do poemario Alfabeto de Inger Chrisrtensen. Os seus versos fan nós na miña pel e gorxa. Deles e o seu resoar na miña cabeza naceu a canción que dá título e conexión á peza entre os seus poemas e a danza.

Rojo / Victoria P. Miranda / Madrid
Idea, coreografia e interpretación: Victoria P. Miranda | Asistente de coreografía: Carmen Werner | Vestiario: Matías Zanotti e Victoria P. Miranda

Rojo é un proxecto que formula o corpo como primeiro terreo de encontro con nós, co mundo, como espazo de pensamento, produtor de unidades de sensación, de conceptos, de pracer, os nosos corpos no caos, os nosos corpos coma pontes, reflexionando sobre os nosos contextos, interésame atoparme na diferenza, no desacordo, no disonante, devir a creación desde o corpo, desde o movemento vital.

  • Entrega de premios:

Premio SóLODOS En Danza Ourense 2019 con Xira a Costa Rica
Premio Xove
Premio do Público
Premio Semifinalista no Certamen Internacional de Coreografía Burgos – New York 2020

24 DE NOVEMBRO · DOMINGO · EXTENSIÓN PROGRAMA DE FORMACIÓN NA CORUÑA
Nesta edición o espazo Laboratorio Escénico Coop. de A Coruña acolle unha extensión do programa de formación de Sólodos En Danza Ourense 2019 con 6 horas de formación o 24 de novembro a cargo de Victoria P. Miranda, Milki Lee e Nacho Cárcaba.

Info e inscricións A Coruña: [email protected] | 881 30 59 70

PEZAS SEMIFINALISTAS / CERTAME DE CREACIÓN DE DÚOS E SOLOS 2019

1ª Semifinal

Desaparecer en tres actos / Julia Nicolau / Madrid
Coreografía e intérprete: Julia Nicolau

Desaparecer en tres actos é o resultado final dun proceso exploratorio sobre a desaparición do corpo a través do movemento. Substéntase en tres conceptos que, ao meu entender, me achegan á des-subxectivación e o silenzo que supón a desaparición. A espera: aquela que nos conduce ao tedio, ao que se estanca e redunda. A ausencia do outro; o baleiro provocado pola desaparición da outredade. E A felicidade, momento no que os meus pés deixan de tocar a terra e casi podo sentir que voo.

11:11 / Rocío Suárez / Argentina – Chile – Cataluña
Coreografía: Rocío Suárez | Intérpretes: Rocío Suárez e Ignacio Jiménez

11:11 é un dúo que danza sobre a igualdade mentres bailamos. Unha igualdade ficticia, xa que é imposible que dúas persoas sexan iguais, ben por razóns físicas, pero tamén por motivos circunstanciais, como son o espazo e o tempo. E, a pesar da súa imposibilidade, esta coreografía segue propoñendo intencionadamente, así como azarosamente, a situación máis semellante posible entre ambos corpos danzantes.

Miñaxoia / Clara Ferrao / Galicia
Coreografía e interpretación: Clara Ferrao | Dirección: Maximiliano Sandford

Un corpo, unha vibración, un estralo, unha fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai mudar. Ás veces todo parece invisible, so está o corpo, so a fatiga, so o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo se difumina, atopa unha nova vibración. O corpo se transforma, haberá unha solución que descoñezo.

Efecto Siam / Colectivo Sin Par · Lara Misó e Wilma Puentes / Andalucía
Coreografía e intérpretes: Lara Misó e Wilma Puentes

Con Efecto Siam queremos explorar o concepto da unión física entre dúas persoas, tal e como ocorre cos siameses. Indagar así , a través dun debate mudo, na permisividade do movemento con esta restrición e implicando o lado emocional que isto podería implicar. Comunicarnos a través de contrasinais kinestésicas e enfatizando na dependencia inherente de dous seres humanos que chegaron ao mundo dentro da mesma pel.

Phase / Mario González / Madrid
Coreografía e interpretación: Mario González

Peza individual que fala sobre as regras sociais introducíndose nun proceso de desobediencia desde a nosa parte máis visceral. Phase fala sobre todo o que non encaixa. Conduce a un proceso de duelo entre o establecido e o noso instinto. Poderiamos imaxinar aquel rapaz que non recoñece a súa sexualidade ou que non entende de relixións. Todos experimentamos un momento de duelo para volver a crearnos.

 

2ª Semifinal

Mujer / Sybila Gutiérrez · Cía Dunatacá / Comunidad Valenciana
Coreografía e interpretación: Sybila Gutiérrez

Quen é sempre unha mesma persoa? Eu son moitas e polo menos hoxe quero mostrarte varias versións da muller que habito. Coústame ensinarche as miñas tripas, contarte a miña historia, porque aí vas verme realmente, núa. Ás veces poño un “traxe” para sobrevivir, un vestido de voces de anuncios e nais. Outras móstrome vulnerable na intimidade. Quizais hoxe decida dicir basta, ser o que non se pode, camiñar cos meus propios pasos. Unha viaxe entre o mostrarse e non, entre o habitar ese “traxe” ou rompelo.

Lo invisible / Rolando Salamé e Katia Humenyuk · Cía No Bautizados / Ucrania – Chile – Madrid / Coreografía e intrepretación: Rolando Salamé e Katia Humenyuk

Lo Invisible é unha peza de danza que explora as sensacións vitais dalgúns momentos determinantes da vida dunha persoa. Esta peza é unha danza do consciente e o inconsciente, do visible e o invisible, das forzas que nos afastan dos nosos soños, que nos someten, pero tamén dunha natureza indomable que se revela ante o que poida apartarnos do esencial do noso camiño, e onde os intérpretes xogan coas súas diferenzas físicas e de experiencias de vida para mostrar a dualidade deste ser, representando cada un dos bailaríns as súas contradicións, acertos, anhelos e medos.

Basium / Alexander Espinoza / Ecuador – Comunidad Valenciana
Coreografía: Alexander Espinoza / Interpretación: Carmela García e Alexander Espinoza

A proposta intenta mostrar as fases polas que pasa un bico, aínda que non de maneira lineal no tempo, sensacións como flotar no aire, derretirte pola idea dun bico, ou afogarte por tantas sensacións xuntas, como non só é divertido se non aditivo.

Opp / Lara Munín / Galicia – Cataluña / Coreografía e interpretación: Lara Munín

Opp está inspirada no meu avó. El padecía unha miopatía muscular que lle impedía mover correctamente o tronco inferior do corpo. Tomei esta idea, e dinlle a volta. Que ocorrería se o único que se pode mover con absoluta consciencia e control son as pernas? A través da investigación desta idea, desenvolvín unha calidade persoal de movemento. Opp pode falar da existencia de contrarios, da dualidade de feitos e decisións e a busca do acordo para o avance; pero tamén de moitas outras cousas porque o seu diálogo interno convida á audiencia a crear a súa propia historia e facer as súas propias conexións.

Ese pájaro no puede estar en esta plaza/ Violeta Iriberri / Cataluña Coreografía: Violeta Iriberri / Interpretación: Raúl Lorenzo e Violeta Iriberri

Ese pájaro no puede estar en esta plaza arrástranos ao mundo desbordado de dous personaxes, baixo unha trama absurda cun paxaro inexistente, que nos sitúan como espectadores na observación do conflito que os remove. Unha historia conectada mediante insinuacións e medias palabras cantadas, onde se sospeita que algo os axita e revolotea. Dous personaxes esaxerados e cheos de espaventos, baixo o drama e a anécdota desmedida, o exceso e a sutileza, que poñen ás a este alboroto da rúa.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OBojador |

O Bojador

CulturgalEscena |

Escena Galega organiza as Xornadas Profesionais sobre Artes Escénicas no Culturgal