in

Danse a coñecer os gañadores do programa Xuventude Crea na modalidade de Teatro

theatre1179752 |

A Consellería de Política Social deu a coñecer os gañadores do programa Xuventude Crea 2019 na modalidade de Teatro, que esta semana foron representadas no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. O primeiro premio foi para a compañía Gacela Teatro, de Pontevedra, pola súa obra Palabras encadeadas. En segundo lugar quedaron as representacións de Farándula Velutina, de Corcubión, pola súa obra Papiroflexia, e Solo teatro, de Ourense, por Da cor do leite. Por último, o terceiro posto será compartido entre La Barata, de Santiago, coa creación Solo de triángulo en Re, 2º movemento, 3ª parte. Allegro (pero non tanto) e Faísca Teatro, de Vigo, con O que che comentei mentras facías que durmías.

O programa Xuventude Crea da Consellería de Política Social ten por finalidade poñer en valor o talento, a creatividade e a innovación da xente nova en 13 especialidades distintas. Estas son: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Fotografía, Graffiti, Música, Poesía, Relato breve, Danza moderna, Videocreación, Teatro, Deseño de xoias e Moda. Os premios en cada unha das categorías son de 3000 euros para o gañador, 1500 euros para o segundo e 1000 euros para o terceiro clasificado.


Publicidade

Un total de 381 mozos e mozas, con idades entre os 16 e 30 anos e residentes todos eles en Galicia, participaron na edición deste ano de Xuventude Crea cos seus diferentes proxectos. Esta iniciativa van dirixidas a estimular o enxeño e a imaxinación da mocidade. Os participantes non poderán ser profesionais e, agás nas categorías de teatro, música, graffiti, cociña e danza moderna, deberán presentar proxecto a título individual.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CulturgalEscena |

Escena Galega organiza as Xornadas Profesionais sobre Artes Escénicas no Culturgal

JerkGiseleVienne |

A Xunta inclúe o Festival ‘Escenas do cambio’ na programación Xacobeo’21