in

Presentación de ‘Teatro de Pintor’, de Xosé Vázquez Pintor

Vazquez Pintor

teatro de pintor |Xosé Vázquez Pintor presenta hoxe, ás 20:30, no salón de plenos de Cangas, o seu libro Teatro de Pintor. O autor estará acompañado polo alcalde do concello de Cangas, Xosé Manuel Pazos, o dramaturgo Manuel Lourenzo, o mestre Antón Lamapereira e o artista Camilo Camaño Xestido.

A obra literaria de Vázquez Pintor é eminentemente poética, mais iso non empece a visita do autor a outros xéneros, entre eles o teatral, hoxe reunido nesta antoloxía de Edicións Fervenza, titulada Teatro de Pintor, para indicar, talvez, unha certa condición pictórica das dez pezas, ou cando menos a súa plasticidade, que as torna máis abertas, máis respirábeis.

Da lectura das pezas contidas neste volume dedúcese, en primeiro lugar, que son a obra e o traballo dun poeta, pola escolla de argumentos, linguaxes e espazos, mais tamén polas paradas metáforicas en temas e accións que denotan a vocación precisa dun director de escena.


Publicidade

Xosé Vázquez Pintor nace en Melide en 1946, aínda que a Terra do Medio e O Morrazo foron os seus lugares de acollida. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, ten no seu haber un amplo abano de obras que abranguen poesía, narrativa, ensaio, teatro e mesmo xornalismo. Entre os premios que recibiu atópanse o Premio Eduardo Pondal (1981), Premio Edicións do Cerne (1984), Premio Cidade de Ourense (1989), Premio Esquío (1990) e o I Premio Uxío Novoneyra.

A súa obra dramática inclúe obras como A Parroquia, A fraga encantada, Velaí o mundo, Marcapasos, Sala de espera ou Nos espazos do soño.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AntesDEQueLlegueLaBestiaEnsalle |

XVI Festival Isto Ferve no Teatro Ensalle de Vigo

premiomariacasares |

Un total de 30 espectáculos inscríbense nos XXIV Premios de Teatro María Casares