A ADE – Asociación de Directores de Escena de España anuncia a publicación, na súa colección ‘Premios de Teatro Rafael Dieste’, da edición bilingüe (galego e castelán) de Matalobos, de Raul Dans.
Raúl Dans irrompeu na escena da escrita teatral con Matalobos, ao gañar o Premio de Teatro Rafael Dieste, en 1993.
Pedro Matalobos recibe a noticia de que debe abandonar as terras que os seus antepasados traballaron como caseiros durante xeracións. Iso suporá o inicio dun camiño que, marcado por un escuro pasado, levará ao protagonista cara a un destino fatal.
Un texto con aromas de traxedia clásica e western, no que está presente o peso da Galicia primitiva e o rumor valleinclaniano das Comedias Bárbaras; unha obra de paixóns desmedidas que atopa os seus motivos centrais na loita polo poder, polo diñeiro e a satisfacción dos instintos, e que se publica agora en edición bilingüe, coa tradución ao castelán de Roberto Pascual.
- O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición - 09/07/2026
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026



