in

‘Eroski Paraíso, o filme’ podera verse na plataforma Filmin a partir do 3 de abril

EroskiParaisoFilme |

Eroski-Paraíso, o filme, a adaptación ao cinema da obra de Chévere dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, poderá verse a partir deste venres, 3 de abril, na plataforma Filmin.

Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de festas O’Paraíso de Muros en 1990, xusto antes de que pechara.

Eroski Paraíso estreouse na antiga fábrica de conservas Sel de Muros en marzo de 2016. Dende a súa estrea, esta montaxe -galardoada cos Premios María Casares 2017 á mellor dirección, mellor espectáculo, mellor actriz protagonista e mellor canción orixinal- chegou a ser un dos espectáculos galegos máis vistos e con maior proxección estatal dos últimos anos. Realizou unha xira de varios anos por todo o Estado e conseguiu reunir a máis de 30.000 espectadores. O libro, editado por Kalandraka, gañou o Premio Gala do Libro Galego na categoría “Teatro”.

Eroski Paraíso, o filme é unha coprodución independente realizada sen subvencións públicas, co soporte humano, material e loxístico de Chévere, dedicada ao mundo escénico e OlloVivo, orientada aos proxectos audiovisuais, e coa colaboración das empresas Vegalsa-Eroski e Deleite.


Publicidade

O filme, logo dalgunhas preestreas no Festival de Cans, Cineuropa e Culturgal, chegou ás salas en decembro de 2019. Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo levaron os premios a Mellor Actor e Mellor Actriz protagonista na Gala dos Premios Mestre Mateo 2020.

Filmin ofrecerá a película en versión orixinal e con subtítulos en castelán e inglés.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RomanRodriguez |

A Xunta anuncia un paquete de medidas para paliar os efectos do coronavirus na cultura

FranMartinezHumedales |

Danza, circo e artes de rúa reclaman medidas específicas ante a crise da Covid-19