in

A Federación Mundial do Circo cancela o Día Mundial do Circo, que se celebraba hoxe

Arnoia |
A Fédération Mondiale du Cirque (FMC) emitiu un comunicado anunciando que ‘por responsabilidade’, e a consecuencia desta pandemia del Coronavirus que nos afecta, ‘está obrigada a cancelar’ todas as actividades do 18 de abril para a celebración do Día Mundial do Circo. A Federación deixa aberta a posibilidade de atopar unha data apropiada no outono para celebrar o Dia Mundial do Circo (World Circus Day, WCD 2020).

 

O Día Mundial del Circo é un día especial para festexar as Artes Circenses e a cultura, que se celebra anualmente o terceiro sábado de abril. Está promovido pola Federación Mundial do Circo (FMC) e é un día perfecto para organizar obradoiros e espectáculos, abrir as portas das escolas circenses e encher de circo as rúas e prazas de todas as cidades do mundo. Cada ano a FMC, xunto coas asociacións e entidades circenses, encárgase de elaborar un programa variado das actividades de circo que se celebrarán durante ese día en todo o mundo.

Pero a triste situación que estamos vivindo na actualidade require accións sen precedentes. Debido á pandemia, canceláronse todos os eventos culturais; os circos tiveron que fechar ou pospoñer a apertura da súa temporada. As escolas, universidades, museos e lugares públicos tamén están fechados até novo aviso.

Publicidade

A Federación está preocupada polo benestar da xente do circo e polol futuro da comunidade. Os circos, artistas e colaboradores enfróntanse a días moi difíciles xa que o seu sustento e futuro están en perigo. “Isto sucédelle a todos os que se dedican ás artes escénicas”, di o comunicado da FMC, para engadir que “a cultura é un promotor da sociedade e tamén temos que protexela noos momentos máis difíciles.

No comunicado, que a FMC difundiu instan á solidariedade e piden aos gobernos aliviar as perdas que enfronta a industria circense. As accións solidarias e coordinadas son máis importantes ca nunca entre as partes interesadas para chamar a atención e instar aos gobernos a que brinden apoio financeiro temporal ao sector cultural, incluídos os circos.

“O Circo enfrontouse moitas veces a grandes problemas ao longo dos seus 250 anos de historia. Pero a resistencia, a devoción e a capacidade da xente do circo sempre foron as armas para superar todos os problemas” conclúe o comunicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fotosmanuelmaria 01813 |

A Casa-Museo Manuel María convoca o II Certame de Proxectos Teatrais

17042020 MedidasCultura |

Os ministerios de Cultura e Facenda comprométense a deseñar un primeiro paquete de medidas de apoio á Cultura