in

Transmissão, teatro radiofónico en Portugal

Smara |
O ciclo inclúe a peza Upsmara, baseada na obra Smara de Paula Carballeira.

 

Transmissão, é unha iniciativa das asociacións culturais UMCOLECTIVO e Txon-poesia e da companhia de teatro As Crianças Loucas. Un ciclo de teatro radiofónico con dirección artística de Cátia Terrinca e Vicente Wallenstein, que se iniciou o luns e que se estenderá até o sábado 25.

Emitidos por varias radios locais, nacionais e internacionais (Mais Rádio, de Setúbal, Rádio Elvas, de Elvas, Antena Livre, de Gouveia, Antena 2, Rádio Miúdos, RDP África, e Rádio Morabeza, de Cabo Verde), os programas quedarán logo da súa emisión na plataforma Mixcloud. Trátase, segundo o texto de presentación, de encher o oco que as cancelacións e adiamentos de espectáculos sobrevidos pola pandemia de Covid-19 deixou no programa do Cineteatro de Elvas.

Hoxe poderá escoitarse UpSmara, unha peza creada a partir de Smara, de Paula Carballeira, que xa fora traducido ao portugués por Kalandraka. A obra, que trata das condicións de vida do pobo saharahuí, foi seleccionada para o catálogo The White Ravens e galardoada co premio Isaac Díaz Pardo.


Publicidade

En Transmissão, ademais, poden escoitarse obras de Carlos Wallenstein, Verónique Tadjo, Vanda R. Rodrigues, Lígia Soares, Maria da Graça Varella Cid, Graça Terrinca, Mário Cesariny ou Fernando Pessoa, entre outros.

Os horarios e detalles poden consultarse no web oficial de UMCOLECTIVO. As obras emitidas están dispoñibles aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Caterina Varela |

No confín de… Caterina Varela

Paco Macías

No confín de… Francisco Macías