in

Pecha a sala Ingrávida do Porriño

IngravidaF |
Os xestores da sala atribúen a razóns “exclusivamente persoais” o peche e manteñen que dedicarán as súas enerxías a outros proxectos.

 

A sala Ingrávida fixo público que pechará as súas portas. Despois de cumprir cos compromisos que tiña adquirido, a sala deixará de ser o “espazo de gravitación” que situou ao Porriño no mapa das artes escénicas. Xerpo, a asociación cultural que xestionaba Ingrávida, manterá o seu “activismo culltural” na produción de obras de teatro, a formación teatral e a xestión cultural, pero o espazo deixará de ser o epicentro da súa actividade.

Segundo os promotores do proxecto, Irene Moreira e Álex Sobrino, “non é que o Covid-19 rematara cun proxecto de 6 anos que conseguiu crear público teatral nunha vila industrial, non é que a economía puidera con nós, non, e definitivamente non foi a falta de público. As razóns son exclusivamente persoais”. Ambos redirixirán ás súas enerxías a novos proxectos e, polo de agora, xa teñen o proxecto de podcast Radio Ingrávida, que se pode atopar no web da sala ou en calquera plataforma de podcasts.

Publicidade

Ademais, Ingrávida mantén o seu programa até o 4 de xullo. O venres 19 e o sábado 20 estará a compañía Incendiaria con Microperspectivas dun marica millenial” ás 22:00; e a fin de semana do 26 e 27 de xuño, a creadora andaluza Alessandra García traerá a súa proposta Mujer en cinta de correr sobre fondo negro. A fin de semana do 3 e 4 de xullo estará ocupada cunha festa de despedida na que o grupo de Teatro Comunitario subirá ao escenario ingrávido por derradeira vez.

Pódense reservar entradas telefonicamente de martes a sábado.

Moreira e Sobrino declaran que “non estamos tristes porque foron seis anos de éxitos e aprendizaxes, a fortaleza da rede que se creou no espazo está implicada xa en novos proxectos”, e agradecen o apoio do público durante estes anos, o apoio da administración da AGADIC, e o do concello do Porriño, ademais “dun agradecemento especialmente agarimoso ás nosas compañeiras e compañeiros teatrais, compañías e salas de teatro de toda a península ibérica”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Eduardo Alonso

No confín de… Eduardo Alonso

mostracangaspremios |

A Mostra de Cangas presentou o programa da súa 37ª edición