in

Nuria Sotelo e Macarena Montesinos presentan unha peza en Vigo para celebrar o Día da Musica

Nuria Sotelo Danza
Quen canta o seu mal espanta é a proposta cultural deseñada especialmente para este día por Nuria Sotelo e Macarena Montesinos. Representarase hoxe na Porta do Sol de Vigo. | Foto: Rubén Vilanova |

 

A Porta do Sol será este venres o escenario escollido pola Deputación de Pontevedra para o seu acto central en Vigo ao abeiro do Día Mundial da Música, que se celebra cada 21 de xuño e que a institución adianta ao coincidir en domingo. Desde as 20:00, a coreógrafa e intérprete, Nuria Sotelo, e a violonchelista e artista visual, Macarena Montesinos, realizarán en pleno centro da cidade unha proposta nova e específica, deseñada exprofeso para esta xornada, baixo o título Quen canta o seu mal espanta, que caso de contar con malas condicións meteorolóxicas trasladarase á sala Rosalía de Castro da sede viguesa da Deputación de Pontevedra na rúa Eduardo Chao.

Esta actuación será dos primeiros eventos en vivo que organiza a Deputación tras a crise sanitaria e contará cunha capacidade controlada para persoas sentadas en cadeiras, aínda que todas aquelas que queiran gozar do espectáculo na rúa poderán seguilo tamén de pé. Cumpriranse todas as medidas de protección e seguridade, con accesos e itinerarios á zona acoutada e, seguindo as recomendacións sanitarias, será obrigado acudir con máscara. A actuación contará con intérprete de lingua de signos e será retransmitido en streaming.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OthelloDesdemonaMaclise |

Voadora impartirá un obradoiro de creación escénica a partir de ‘Othello’ na MIT Ribadavia

Roberto Pascual

No confín de… Roberto Pascual