in

Xa se coñece o programa do Festival de Almada

Castro | Nuno Cardoso
O 37.º Festival de Almada celebrarase do 3 ao 26 de xullo cunha edición “case exclusivamente portuguesa”, que presenta dezasete espectáculos e que estrea tres pezas portuguesas, comezando por Bruscamente no Verão Passado, de Tennessee Williams, dirixida por Carlos Avilez.

 

Rodrigo Francisco, o director artístico da Companhia de Teatro de Almada, declarou que o Festival será o escenario dalgunhas estreas que non puideron ter lugar por mor da pandemia e do confinamento dos últimos meses. A primeira estrea será no primeiro día do Festival, o 3 de xullo, no Teatro Municipal Joaquim Benite, con Bruscamente no Verão Passado, unha peza de Tennessee Williams que denuncia a intolerancia relativa á homosexualidade na sociedade da década de 1950, dirixida por Carlos Avilez, director do Teatro Experimental de Cascais.

A segunda estrea é As Artimanhas de Sapin, unha das mais coñecidas comedias de Moliére, dirixida por João Mota, o diretor da Comuna, que se verá en escena entre o 16 e o 19 de xullo, no Fórum Municipal Romeu Correia.

Esas mesmas datas, na Academia Almadense, estará Instruções para Abolir o Natal, de Michael Mackenzie, outra estrea da Companhia de Teatro do Algarve, que aborda os efectos da crise financeira de 2008 tras a caída do banco norteamericano Lehman Brothers.

Segundo Rodrigo Francisco, esta será unha edición na que o público “pode tomarlle o pulso á creación teatral portuguesa”, como consecuencia da pandemia da Covid-19 –e agora tamén unha oportunidade– que impediu a visita de artistas internacionais.

“Esta circunstancia de non poder traer case ningún espectáculo estranxeiro obriga a que o festival se volva sobre si mesmo”, declarou Rodrigo. Mais aínda así, o festival conta con tres pexas de fóra, nomeadamente Johan Padan à Descoberta das Américas, un monólogo de Dario Fo, unha anti epopea cómica narrada a partir do punto de vista dun fuxitivo da inquisición, que acaba por se ver a bordo das naves de Cristovo Colón. A peza do Nobel italiano, será interpretada por un dos seus actores favoritos, Mario Pirovano.

Chegada de Cataluña, a dupla formada por Agnès Mateus e Quim Tarrida presentan Rebota, rebota y en tu cara explota, unha creación que se manifesta contra a violencia sobre as mulleres, e que foi merecente do Prémio Sebastià Gasch 2018.


Publicidade

Outra característica desta edición é que vai ter “compañía de fóra de Lisboa, a que normalmente o público almadense non ten acceso”, como é o caso da estrea da Companhia de Teatro do Algarve, destacou Rodrigo Francisco.

Do Porto chega Castro, do Teatro Nacional de São João, asinada polo seu director artístico, Nuno Cardoso, representación da traxedia de Pedro e Inês. Trátase dun clásico escrito na segunda metade do século XVI, polo poeta António Ferreira, que é considerada “a mais bela peza escrita en lingua portuguesa”.

No entanto, Lisboa non queda esquecida e o Teatro Nacional D. Maria II incorpórase ao Festival de Almada entre o 4 e 12 de xullo co monólogo By Heart, escrito e dirixido polo director artístico Tiago Rodrigues, que ensina un soneto de Shakespeare a dez espectadores que se xuntan en escena.

A Companhia de Teatro de Almada presenta Mártir, do dramaturgo alemán Marius von Mayenburg, dirixida polo propio Rodrigo Francisco, que se basea nun rapaz que se torna nun relixioso cristián extremista, lanzando “unha serie de provocacións sobre non existir ningunha relixión ligada ao extremismo”.

Outra creación da compañía neste festival é A Viagem de Inverno, doutra Nobel da Literatura, Elfriede Jelinek, dirixida por Nuno Carinhas, que transporta unha memoria autobiográfica da historia recente da vida austríaca.

Segundo Francisco, os abonos sufriron “unha redución moi substancial no prezo”, pasando de 75 a 50 euros. Ademais, anunciou que a Companhia de Teatro de Almada vai manter a programación anunciada para o resto do ano no Teatro Municipal Joaquim Benite, tendo axendados catro espectáculos, tres deles para crianzas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Atenea García

No confín de… Atenea García

Ernesto Is

No desconfinamento de… Ernesto Is