in

Sólodos En Danza presenta as bases do certame de dúos e solos 2020

FOTO GANADORES 19 Cía Violeta Iriberri Foto Manu Lago |
O Festival Internacional de Danza Contemporánea ‘Sólodos En Danza’  presenta as bases para o Certame de Creación de Dúos e Solos 2020. O Festival que se celebrará en Ourense do 3 ao 5 de decembro premiará a obra gañadora cunha xira por diferentes comunidades por Costa Rica. A data límite para a presentación de propostas remata o 2 de outubro. |Foto: Manu Lago|

 

Poden participar todas as coreografías (dúos ou solos) de artistas de Iberoamérica, residentes en España maiores de 18 anos. As pezas estarán interpretadas por unha ou dúas persoas e é indispensable que a creadora sexa intérprete na obra.

A peza presentada deberá ter unha duración de entre 8 a 10 minutos e a proposta que se envíe na gravación para a preselección, será a mesma que se presente o día do concurso. Os vídeos poderán mostrarse con todos os seus elementos ou unha gravación de ensaio. A gravación debe ser en plano fixo, sen editar, onde se vexa a totalidade da obra.

Publicidade

O Sólodos En Danza/Ourense/2020 celebrarase no Auditorio Municipal de Ourense e o Certame contará unicamente con necesidades técnicas imprescindibles, como son equipo de son, chan de danza e iluminación básica. As obras que se presenten teñen que ser flexibles para ser bailadas en rúa ou en teatro, indistintamente. A xira en Costa Rica realízase en espazos non convencionais, parques, prazas, rúas, escolas.

Unha mesma persoa pode presentar varias obras a concurso pero só unha poderá ser seleccionada.

Realizarase unha preselección por vídeo de dúos e solos, que se presentarán en Sólodos en Danza/Ourense/2020. As artistas teñen que participar en todas as actividades do Festival Sólodos os días 3, 4 e 5 de decembro. Un equipo de profesionais será o encargado de avaliar os vídeos e seleccionará aqueles que considere oportunos. O venres día 2 de Outubro de 2020 será o último día para recibir as propostas e a documentación requirida e o venres 9 de Outubro de 2020 publicarase no web e redes sociais de Sólodos En Danza, as obras seleccionadas.

As propostas deben enviar a seguinte documentación ao enderezo [email protected]:

-Vídeo da coreografía: mediante un enlace a youtube, vimeo ou otro portal de internet no que se poida subir vídeos e visualizarse publicamente. O título do enlace aparecerá da seguinte forma: Título da peza/Nome do creador ou cradora.

-Ademais será preciso adxuntar no correo electrónico a seguinte información: un breve texto onde se explique o motivo de querer participar en Sólodos en danza Ourense 2020; título da peza e autoría; breve texto sobre o traballo presentado (máximo de 5 liñas) e enlace ao vídeo; Creadora/s: nome e apelidos, nacionalidade, cidade de nacemento, cidade de residencia, idade, nº DNI, enderezo electrónico e contacto telefónico; Intérpretes: nome e apelidos, nacionalidade, cidade de nacemento, cidade de residencia, idade, nº de DNI, enderezo electrónico e contacto telefónico; CVs de creadorxs e intérpretes (máximo unha páxina por artista).

Sólodos En Danza asumirá unicamente a estancia das artistas participantes na cidade de Ourense e non asumirá ningún gasto dos semifinalistas (correspondentes a traslados, manutención).

O Festival Sólodos En Danza / Ourense / 2020 terá lugar do 3 ao 5 de decembro na cidade de Ourense e propón un espazo para o intercambio profesional, clases maxistrais, actuación para escolares e obradoiros para as persoas participantes. É por isto que resulta requisito indispensable para as semifinalistas participar neste Encontro. Todos os artistas semifinalistas deberán estar en Ourense durante as datas do festival.

O material fílmico xerado por SóLODOS EN DANZA quedará a disposición da organización e esta resérvase o dereito de quedar con todo o material enviado, incluídas as obras non seleccionadas para o seu arquivo histórico; así mesmo a organización quedará exenta dos dereitos das imaxes tomadas polo fotógrafo da organización, durante a realización do mesmo.

Publicidade

A organización lembra que estar seleccionado no concurso supón a aceptación das presentes bases e o seu incumprimento poderá deixar á creación premiada sen premio. De igual modo, sinala que a programación poderá sufrir cambios debido ás circunstancias provocadas pola COVID-19.

Proxecto de Cooperación Cultural

Sólodos En Danza proxecto de Cooperación Cultural sen ánimo de lucro que xera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Utiliza diferentes estratexias de colaboración, para construír unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América / Europa).  Os obxectivos do Premio Sólodos en Danza/Ourense/2020 son facilitar a mobilidade de creadores novos, propiciar encontros entre profesionais escénicos iberoamericanos, crear un espazo para o intercambio de ideas e proxectos nun contexto como o é Sólodos En Danza / Costa Rica / 2021.

Sólodos En Danza premiará unha obra cunha xira por diferentes comunidades costarricenses. Ademais a/s persoa/s gañadora/s realizarán coloquios, obradoiros, participarán en diferentes actividades socioculturais durante a xira. Tamén se desenvolverá unha residencia artística en conxunto con colegas de Iberoamérica no espazo de Creación e Investigación SóLODOS Costa Rica e a obra premiada formará parte da gala de danza iberoamericana que viaxará por todo o país. As persoas gañadoras terán encontros cos colaboradores do proxecto, Universidades, escolas de arte, Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, plataformas culturais comunitarias, Escolas de Danza estatais e privadas, así como encontros con artistas locais. Os gañadores terán obradoiros e clases maxistrais gratuítos con diferentes mestres internacionais.

Sólodos En Danza proporcionará o billete/es de avión  con saída desde Madrid a San José de Costa Rica e con regreso a Madrid para a obra gañadora, coordinando os seus traslados, aloxamentos e manutención, durante toda a xira en Costa Rica. A organización fará labores de acompañamento dos artistas durante a súa xira polos distintos lugares. O premio non ten remuneración económica.

Na imaxe:  Cía. Violeta Iriberri, gañadora do certame en 2019.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

escena |

Inícianse as accións formativas do Plan de reactivación do sector cultural

CamiñoEscenaNorte |

Camiño Escena Norte organiza un encontro profesional das artes escénicas en Lugo