in ,

Palas de Rei acolle a XXI Mostra de Teatro Amador a partir do 27 de agosto

Pedro Brandariz
Pedro Brandariz
Pedro Brandariz recibirá o Premio Mácara pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio ao teatro.

 

Marcada por un específico protocolo fronte o Covid 19, a partir do 27 de agosto, arranca en Palas de Rei a Mostra de Teatro Amador, Teatro no Camiño. Nesta edición, debido á alerta sanitaria, as persoas espectadoras deberán comunicar previamente a súa asistencia, dado que o aforo estará limitado, e deberán usar máscara e xel desinfectante e gardar a distancia mínima de seguridade entre os asistentes.

Nesta vixésima primeira edición participarán sete grupos de Galicia, un de Villalpardo (Cuenca) e outro de Madeira (Portugal).

O programa desta edición queda como segue:

 

Xoves 27 de agosto

GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei.
AUTOR/-A: Creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas.
OBRA: Tecedoras de soños.
HORARIO: 21:00.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Venres 28 de agosto

GRUPO: Ubú Teatro.
OBRA: O vixiante dos soños. (Teatro infantil e familiar)
HORARIO: 21:00.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Sábado 29 de agosto

GRUPO: Invencible Teatro y Escuela de Teatro, de Villalpardo (Cuenca).
OBRA: La elegida (musical).
HORARIO: 21:00.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Domingo 30 de agosto

GRUPO: METÁTESE TEATRO.
OBRA: Detrás das máscaras.
HORARIO: 21:00.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

III PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL QUE SE OUTORGARÁ Á ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, de Sada.


Publicidade

Mércores 2 de setembro

GRUPO: Brais das Hortas.
OBRA: Coa proa de Carvalho.
HORARIO: 21:00.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Xoves 3 de setembro

GRUPO: Grupo de Teatro Faro Miño, de Chantada.
OBRA: Langreira de amor.
HORARIO: 21:00.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Venres 4 de setembro

GRUPO: Pedro Brandariz.
OBRA: Familia? Non grazas.
HORARIO: 21:00.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Sábado 5 de setembro

GRUPO: GRUPO DE TEATRO MACHICO (Ilha da Madeira – Portugal).
OBRA: A Nova Barca do Inferno (Adaptación do orixinal A Barca do Inferno, de Gil Vicente).
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

Domingo 6 de setembro

GRUPO: ALENTÍA TEATRO.
OBRA: O retorno de Dora e Lola.
HORARIO: 21:00 horas.
LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

 

Premios Mácara, Careón e Garabato

O xoves, 27 de agosto, entregarase o XV Premio Careón á escritora Iolanda R. Aldrei en recoñecemento á súa labor como escritora e dinamizadora da cultura galega. O venres 4 de setembro farase entrega do XX Premio Mácara a Pedro Brandariz pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio ao teatro. O domingo, 30 de agosto, ás 21:00, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o III premio “Garabato” á conservación do Patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural, dotado con 1000 euros e plica á ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, de Sada unha entidade que se distingue pola súa labor na defensa, recuperación e difusión do patrimonio cultural.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Novos Lobos |

O Titirideza volve a Lalín do 28 ao 30 de agosto

diaz pardo e seoane |

Isaac e o teatro independente, por Manuel Lourenzo