in

Danza Mobile abre o outono do TRC Danza 2020

Helliot Danza
A compañía sevillana Danza Mobile abre o programa do TRC Danza, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, para este outono con Helliot este sábado 5 de setembro. Entre a danza, o teatro e a performance este solo de Helliot Baeza forma parte do programa IX Encontro Artes pola Integración co que o Rosalía de Castro colabora dende hai anos.

 

Despois dunha intensa traxectoria como bailarín dende 2006, Helliot Baeza vístese de si mesmo en Helliot para defender un solo de danza contemporánea para públicos diversos. A partir do relato vital do seu protagonista, a obra tece unha viaxe escénica que pon a mirada na idea do que significa ser un (bo) bailarín ou do que queremos ver en escena hoxe en día.

Dirixida por Antonio Quiles, Helliot é un espectáculo que pon sobre a mesa o que nos fai únicas como persoas. Con ela, Helliot Baeza, recibiu o Premio Escenarios de Sevilla ao mellor bailarín e conta coa iluminación de Benito Jiménez e o espazo sonoro de Pepe Arce.

Publicidade

E despois do paso de Danza Mobile polo programa visitarán o teatro coruñés diferentes compañías ata o dez de decembro:

Sábado 12 de setembro: Oasis Paraíso / Cris Vilariño con Manodura.
Sábado 3 de outubro: La Phármaco con Una gran emoción política.
Domingo 11 de outubro: Bárbara Sánchez con Várvara.
Venres 16 de outubro: Leonor Leal con Nocturno.
Sábado 13 de novembro: Lava con Bending the walls + Beyond.
Domingo 22 de novembro: La imperfecta con Twist.
Sábado 12 de decembro: Kukai Dantza con Erritu.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Tolitates |

    Máis de 25 actividades para a fin de semana no Festival de Títeres de Redondela

    Quitamiedos | Kulunka

    Camiño Escena Norte regresa con oito funcións en Galicia