in

Teatro del Andamio participa no I Festival REI on line

FestivalREI |
Até o 20 de setembro desenvólvese online o I Festival REI cun programa integrado por espectáculos, obradoiros, documentais e conversas sobre arte escénicas. Organizado pola Red Escénica Iberoamericana, o evento conta coa participación da compañía coruñesa Teatro del Andamio como socia e fundadora desta rede.

 

Os obradoiros “El cuerpo y la expresión”, “El canto cuenta una historia” e “Desarrollo de los cinco sentidos; os documentais “Sancho Panza. Escudero famoso que acompañó a Don Quijote resolviendo entuertos por los caminos de España” ou sobre a construción do espectáculo A travessia do grão profundo; e as conversas “El teatro y las nuevas tendencias” ou “Teatro e inclusión. Derechos humanos y herramientas de inclusión social” son algunhas das propostas que é posible descubrir no programa desta primeira edición do festival. De igual modo, dez títulos entre os que se atopa a peza Insumisión, de Teatro del Andamio, son os que se poden ver no marco do cartel deste espazo da REI. Tatiana Likhacheva é a encargada de dirixir este texto de Rosa  Molero previsto para o día 18 de setembro ás 22.00 horas (galegas).


Publicidade

A Red Escénica Iberoamericana – Rei Cénica Iberoamericana é un conxunto de compañías, festivais e teatros aliadas co obxecto de promover a produción, a programación, a formación, o intercambio, a circulación e a divulgación das artes escénicas no ámbito iberoamericano.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Kopinxas

A asociación AlbergAR-TE celebra o VI Dos Modos Nascem Coisas

Catarina |

A Oficina presenta a súa programación de setembro a decembro en Guimarães