in

Mofa e Befa volven aos escenarios con ‘Dúas pedras no camiño’

Mofa e Befa | Dúas Pedras no Camiño
Mofa e Befa volven hoxe aos escenarios, na sala Ártika de Vigo, despois de dous anos de ausencia. A estrea será na Sala Ártika de Vigo o 2 de outubro ás 21:30, e máis o sábado 3 de outubro (ás 21:30) e o domingo 4 (ás 20:00).

 

Mofa & Befa son dous clowns para adultos que foron creados por Victor Mosqueira e Evaristo Calvo á volta do ano 92 do século pasado. O talento da composición cómica, a vinculación co real, a confidencia co público e as dotes adxectivas, como o canto e a pantomima, que posúen os dous artístas fixeron deles unha referencia da comedia e do que se dá en chamar o cabaret literario. A afinidade que os distintos públicos experimentan con eles débense ao fenómeno de recoñecemento que a comunidade experimenta sempre a respecto dos artistas que a espellan, a explican e a divirten.

Dúas pedras no Camiño é un titulo xenérico para un espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público: “Aquela obra que viche coa tua nai, agora podes levar ao teu neto” Ao longo da xira poden mudar algunha das pezas a requerimento do público ou dos contextos que aporte o lugar ou o tempo da representación. Sen dúbida, comezará con número titulado: “Os 33 reiseñores da Porqueira” que é o prólogo ideal para calquera evento e un dos números mais sutís e celebrados do dueto. Atrás deste virán os números culinarios, de homenaxe ás grandes figuras do cinema, a escritores inmorredoiros, ou as parodias do circo.


Publicidade

O título, Dúas pedras no Camiño xoga coas alusións á música popular e a sua filosofía, que nos lembra que unha pedra no camiño pode ser algo que nos ensine e nos transforme, ainda que tamén lembra á función dos cómicos de seren unha pedra no zapato… en fin, rolar e rolar!

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CurvaEspaña011 |

As entradas do FIOT en pausa sairán á venda o vindeiro luns 5 de outubro

Despoisdasondas |

María Casares volve ao Salón Teatro no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego